Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (128/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado no xuízo verbal de faltas número 128/1998, que se seguen por furto, cítase a Esther Jiménez Jiménez, para que o vindeiro día vinteseis de marzo, ás 11.15 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciada, baixo apercibimento de que, de non o verificar nin alegar xusta causa para deixar de o facer, poderá ser multada consonte a lei e recaeren sobre ela os prexuízos ós que houber lugar en dereito;

poderá, se é parte, ser asistida por avogado e deberá acudir ó xuízo coas probas das que intente valerse.

E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Esther Jiménez Jiménez, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o quince se febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado