Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (379/1998-4).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de verbal civil, número 379/1998-4, promovidos por Óscar Salgado Castro, contra Distribuciones Alonso Otero y Mesai, sobre reclamación de cantidade. Por medio desta cédula cítase a Distribuciones Alonso Otero, co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día vintetrés de marzo, ás dez horas, para o que deberá concorrer cos medios de proba de que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non comparece, recaerá sobre ela na súa rebeldía o prexuízo ó que houber lugar en dereito, consonte o artigo 729 da LAC.

E para que lles sirva de notificación en forma ós mencionados demandados e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1999.

O secretario

Rubricado