Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.274

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (179/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado no xuízo verbal de faltas número 179/1998, que se seguen por furto en tentativa, cítase a Evaristo Mujico Outeiral, para que o vindeiro día vinteseis de marzo, ás 12.45 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que, de non o verificar nin alegar xusta causa para deixar de o facer, poderá ser multado consonte a lei e recaeren sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito; poderá, se é parte, ser asistido por avogado e deberá acudir ó xuízo coas probas das que intente valerse.

E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Evaristo Mujico Outeriral, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o dezaseis se febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado