Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 15 de febreiro de 1999 pola que se aproba o Regulamento da denominación específica Orujo de Galicia e do seu consello regulador.

Por Orde do 5 de maio de 1989 a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación específica Orujo de Galicia para as augardentes de bagazo producidas en Galicia. Seguidamente, por Orde do 16 de setembro de 1993, aprobouse o regulamento da denominación específica Orujo de Galicia e do seu consello regulador.

Desde a posta en marcha da denominación esta foi crecendo e avanzando dun xeito firme e ordenado ata acadar un grao de desenvolvemento, tanto no sector productor como no dos destiladores-elaboradores e nos embotelladores, o que fai aconsellable e necesario proceder a unha actualización do seu regulamento, tendo sempre presentes os cambios normativos que aparecen no transcurso do tempo e que afectan a este producto.

Esta actualización, tendo en conta que é necesario modificar algúns artigos por criterios técnicos e outros por cuestións normativas que lle afectan directamente, así como outros aspectos, de forma que motivan unha nova redacción, dá lugar á elaboración dun novo regulamento da denominación específica Orujo de Galicia.

En consecuencia, por petición do sector interesado e de conformidade co artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase o novo Regulamento da denominación específica Orujo de Galicia, co texto articulado que figura como anexo á presente orde.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan á presente orde e, en particular, a Orde do 16 de setembro de 1993 citada anteriormente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario oficial de Galicia.

Segunda.-Facultarase o director xeral de Industrias e Alimentación para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento do establecido na presente orde.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

Regulamento da denominación específica

Orujo de Galicia e do seu consello regulador

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

De acordo co disposto na Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois; no seu regulamento, aprobado por Decreto 835/1972, do 23 de marzo; no Regulamento (CEE) 1576/1989, do consello, do 29 de maio, polo que se establecen as normas xerais relativas á definición, designación e presentación das bebidas espirituosas, e de acordo coa restante normativa concorrente, quedan protexidos coa denominación específica Orujo de Galicia, as augardentes de bagazo producidas en Galicia, que cumpran as normas contidas neste regulamento e a lexislación vixente que lles sexa de aplicación.

Para a aplicación da normativa anterior terase en conta o que establece o Real Decreto 4189/1982, do 29 de decembro, de transferencia de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de denominacións de orixe, viticultura e enoloxía.

Artigo 2º

1. A protección outorgada esténdese ó nome da denominación específica Orujo de Galicia, a súa tradución a outras linguas, así como ó termo xeográfico de Galicia, aplicado ás bebidas espiritosas que teñan como materia prima as augardentes destiladas conforme as especificacións contidas neste regulamento.

2. Queda prohibida a utilización noutras augardentes de nomes, marcas, termos, expresións e signos que, pola súa similitude fonética ou gráfica poidan inducir a confusión cos que son obxecto de protección por este regulamento, aínda nos casos nos que vaian precedidas polas expresións «tipo», «estilo», «gusto», «sabor», «elaborado», «embotellado en»..... ou outras análogas.

Artigo 3º

A defensa da denominación específica, a aplicación do seu regulamento e a vixilancia no seu cumprimento, así como o fomento e o control da calidade dos productos amparados, quedan encomendados ó consello regulador da denominación específica Orujo de Galicia, á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia e ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no ámbito das súas respectivas competencias.

Capítulo II

Da produción

Artigo 4º

1. O Orujo de Galicia é a augardente elaborada a partir de bagazos de viños colleitados nos viñedos situados no ámbito xeográfico da Comunidade Autó

noma de Galicia, coa calidade e características axeitadas, que permitan destilar augardentes que reúnan as condicións precisas para seren amparadas pola denominación.

2. Atendendo o renome e a tradición de certas comarcas de Galicia na elaboración de augardentes de bagazo con peculiaridades específicas, establécense as seguintes subzonas de producción:

a) Ribeiro: a súa área xeográfica coincide coa da denominación de orixe Ribeiro, como está definida no seu regulamento, aprobado pola orde do Ministerio de Agricultura, do 2 de febreiro de 1976.

b) Valdeorras: a súa área xeográfica coincide coa da denominación de orixe Valdeorras, como está definida no seu regulamento, aprobado pola orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 24 de febreiro de 1977.

c) Rías Baixas: a súa área xeográfica coincide coa da denominación de orixe Rías Baixas, como está definida no seu regulamento, aprobado por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, do 23 de outubro de 1996.

d) Monterrei: a súa área xeográfica coincide coa da denominación de orixe Monterrei, como está definida no seu regulamento, aprobado por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, do 25 de novembro de 1994.

e) Ribeira Sacra: a súa área xeográfica coincide coa da denominación de orixe Ribeira Sacra, como está definida no seu regulamento, aprobado por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, do 3 de setembro de 1996.

f) Val do Miño-Ourense: a súa área xeográfica coincide coa do viño da terra Val do Miño-Ourense definida no anexo I da orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 7 de xaneiro de 1998.

g) Betanzos: a súa área xeográfica coincide coa da comarca vitícola do mesmo nome, definida no anexo II da orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 7 de xaneiro de 1998.

h) Ribeira do Ulla: a súa área xeográfica coincide coa da comarca vitícola do mesmo nome, definida no anexo II da orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 7 de xaneiro de 1998.

i) Portomarín: a súa área xeográfica comprende os municipios de Portomarín, Taboada, Guntín, Paradela e O Páramo, da provincia de Lugo.

3. Tamén poderán destinarse á elaboración de augardentes protexidas, os bagazos obtidos das uvas procedentes dos viñedos establecidos nos termos municipais que aparecen no catastro vitícola vixente.

Artigo 5º

A obtención dos subproductos procedentes das vinificacións realizaranse co maior esmero, de acor

do coas normas que establece o Regulamento CEE 1576/1989, do 29 de maio, e os seus regulamentos de aplicación.

O almacenamento e a conservación farase en condicións anaeróbicas, de acordo coas normas aplicables, ou no seu defecto as que fixe o consello regulador.

Capítulo III

Da elaboración e envellecemento

Artigo 6º

1. A zona de elaboración e envellecemento das augardentes de bagazo amparadas pola denominación específica Orujo de Galicia abarca o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para poder emprega-lo nome das subzonas establecidas no artigo 4.2º os procesos de elaboración, embotellado, así como o de envellecemento, se é o caso, deberán terse realizado no interior da subzona correspondente. Ademais, será requisito previo que as materias primas procedan de viñedos situados na demarcación xeográfica referida. No caso de que a subzona teña recoñecida a condición de denominación de orixe ou de comarca productora de viño da terra, os viñedos que proporcionen a materia prima deberán estar inscritos nos respectivos rexistros.

3. Igualmente, para poder facer mención no etiquetado dunha variedade de vide será necesario:

a) Que a materia prima proceda de viñas inscritas nos rexistros das denominacións de orixe ou das comarcas víticolas con dereito á mención viño da terra.

b) Que a variedade estea recollida nos respectivos regulamentos como preferente para producir viños protexibles.

c) Que toda a uva da que se obteña o bagazo corresponda á variedade que se menciona.

Artigo 7º

1. As augardentes de bagazo aptas para seren protexidas pola denominación específica Orujo de Galicia serán os obtidos por fermentación e destilación de bagazos de uvas, en condicións hixiénicas e sanitarias acordes coa lexislación vixente.

2. Os sistemas e técnicas empregados na elaboración e no control dos procesos de producción e envellecemento estarán baseados nas prácticas tradicionais de destilación simple, mediante alquitara, alambique ou por arrastre de vapor, que permitan obter productos de máxima calidade, conservando as características específicas das augardentes de bagazo.

3. Os elaborados protexibles son:

a) Augardente de bagazo.

b) Augardente de bagazo envellecido.

Artigo 8º

Augardentes de bagazo son as obtidas polo proceso anteriormente descrito e comercializados ben no ano da súa obtención, ou despois dun período de repouso.

Artigo 9º

1. As augardentes de bagazo poderán envellecerse, para o que se empregará o sistema de vendimas ou colleitas, que consiste na permanencia das augardentes de bagazo en envases de madeira, de maneira estática, sen mesturas ou combinacións con outras augardentes durante todo o tempo de envellecemento. Unicamente se autorizan os recheos necesarios para cubri-las mermas que se produzan, recheos que deberán facerse con augardentes de bagazo que teñan o mesmo tempo de envellecemento.

2. Os envases de envellecemento deberán ser de madeira de carballo; ou calquera outra, logo de estudio e autorización do consello regulador, con capacidade igual ou inferior a 1.000 litros.

3. O tempo de envellecemento mínimo será, dun ano, cando se empreguen envases con capacidade inferior a 500 litros, e de 2 anos cando o proceso se realice en envases con capacidade entre 500 e 1.000 litros.

4. O consello regulador, levará o control documental das augardentes de bagazo en proceso de envellecemento e das instalacións con existencias de augardentes de bagazo en proceso de envellecemento ou envellecidas, así como dos graos absolutos de alcohol.

Artigo 10º

1. O consello regulador vixiará a procedencia e características das materias primas e dos productos elaborados que serán protexidos pola denominación, para garanti-la súa calidade e o efectivo cumprimento do previsto no presente regulamento.

2. O consello regulador establecerá un programa de control que permita coñece-la procedencia das materias primas, así como o seguimento dos procedementos de elaboración, envellecemento e embotellado.

3. Para a execución do programa de control o consello regulador contará con persoal propio.

4. O consello regulador establecerá acordos cos consellos reguladores das denominacións de orixe de viños existentes en Galicia, para emprega-la información obtida por cada un nos controis que realizan na súa respectiva área xeográfica.

Capítulo IV

Cualificación e características

Artigo 11º

1. Para poder facer uso da denominación específica Orujo de Galicia, tódalas augardentes de bagazo obti

das nas zonas de producción e elaboración, deberán someterse a un proceso previo de cualificación, para comprobar que cumpren a lexislación e o establecido no presente regulamento.

2. O proceso de cualificación efectuarase por partidas, entendéndose como tal o contido dun depósito ou envase, e previo á súa comercialización. Será realizado polo consello regulador de acordo co programa elaborado por este e aprobado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. No dito programa reflectirase o procedemento a seguir coas partidas descualificadas e as consecuencias da descualificación.

Artigo 12º

1. A composición analítica das augardentes de bagazo de Galicia deberá cumpri-los seguintes parámetros:

Augardente de bagazoAugardente de bagazo envellecida

MáximoMínimoMáximoMínimo

Grao alcohólico, % Vol.5037,55037,5

Metanol, g/hl a.a.1.0002001.000200

Acidez total, en ácido acético, g/hl a.a.225250

Acetaldehido (etanal) g/hl a.a.200200

Acetato de etilo g/hl a.a.300300

Suma alcohois superiores, g/hl a.a.600225600225

Suma de substancias volátiles, g/hl a.a.300300

Cobre, mg/l de mostra1010

Extracto, g/hl a.a.8

g/hl a.a.=gramos/100 litros de alcohol absoluto.

2. As cualidades organolépticas das augardentes de Galicia serán as seguintes:

AugardenteAugardente envellecida

AspectoTransparente-limpaTraslúcido-limpa

CorIncoloraAmbarino-tostada

Aroma e saborIntenso, fino, delicado, propio da materia prima da que procede, exento de elementos estrañosIntenso, fino, delicado, que lembra a materia prima da que procede, característicos do envellecemento natural e exento de elementos estraños

3. As augardentes de bagazo cualificadas deberán mante-las súas características, especialmente en canto a cor, aroma e sabor. En caso de constatarse algunha alteración das características en detrimento da calidade ou que na súa elaboración, envellecemento ou embotellado, se incumpra o que dispón este regulamento ou o que establece a lexislación

vixente, serán descualificados polo consello regulador, o que implica a perda do dereito ó uso da denominación.

As augardentes de bagazo elaboradas en instalacións inscritas poderán ser descualificadas en calquera das fases de elaboración ou envellecemento. A partir do momento da iniciación do expediente de descualificación deberán permanecer inmobilizadas en envases identificados, baixo o control do consello regulador, sendo necesario o visto e prace do consello para a súa mobilización.

Capítulo V

Rexistros

Artigo 13º

1. O consello regulador levará os seguintes rexistros:

a) Rexistro de Productores de Subproductos de Vinificación.

b) Rexistro de Destiladores.

c) Rexistro de Locais de Envellecemento.

d) Rexistros de Elaboradores-Embotelladores.

2. As solicitudes de inscrición nos rexistros, dirixiranse ó consello regulador en modelo que este dispoña, acompañadas dos datos, documentos e comprobantes que, en cada caso, sexan requiridos polas disposicións e normas vixentes.

3. Formulada a solicitude, as instalacións serán inspeccionadas por persoal técnico do consello regulador, co fin de comproba-las súas características e se reúnen as condicións esixidas neste regulamento.

4. O consello regulador denegará, de xeito motivado, as inscricións que non se axusten ós preceptos deste regulamento ou ós acordos adoptados por aquel, sobre condicións complementarias mínimas de carácter técnico que deberán reuni-las instalacións.

5. As empresas que realizan máis dunha fase dos distintos procesos de elaboración deberán ter inscritas as súas instalacións nos rexistros correspondentes.

6. A inscrición nos distintos rexistros é voluntaria ó igual que a correspondente baixa, agás a ocasionada pola comisión dunha infracción que a leve aparellada.

7. A inscrición nestes rexistros non exime ós interesados da obriga de inscribirse naqueloutros que, con carácter xeral, estean establecidos pola lexislación vixente, debendo acreditalo no momento da inscrición nos rexistros da denominación específica.

Artigo 14º

1. Para a permanencia das inscricións nos rexistros correspondentes da denominación específica será indispensable cumprir, en todo momento, co disposto neste regulamento e na normativa concorrente.

2. Calquera variación que afecte os datos subministrados na inscrición deberá comunicarse ó consello regulador, no prazo de quince días, cando se produza a dita variación.

3. O consello regulador poderá suspender cautelar ou definitivamente as inscricións cando os seus titulares non se ativesen a tales prescricións, logo da instrucción do procedemento, que se substanciará polas normas do procedemento adiministrativo común. A suspensión cautelar acordarase motivadamente xunto coa providencia de apertura do procedemento, por un prazo non superior a tres meses.

4. Tódalas inscricións nos rexistros serán renovadas con periodicidade anual.

Artigo 15º

1. No rexistro de productores de bagazo poderán inscribirse as persoas físicas ou xurídicas titulares de adegas de elaboración de viños, que transformen uvas producidas na área xeográfica definida no artigo 4 e queiran destina-los bagazos á producción de augardentes de bagazo amparables pola denominación específica.

2. Na inscrición figurará: nome da persoa física ou xurídica, ou se é o caso, o do colono, arrendatario ou calquera outro titular de dereito real ou persoal que o faculte para xestiona-la instalación; denominación ou razón social da empresa, o seu enderezo legal; localidade e concello onde estean situadas as instalacións; características, número e capacidade dos envases e maquinaria; sistema de elaboración, instalacións para almacenado e conservación de subproductos de vinificación e cantos datos sexan necesarios para a perfecta identificación e catalogación da adega, ademais da inscrición rexistral, información fiscal e nome do xerente ou responsable, no caso de sociedades.

No caso de que o empresario non sexa propietario dos locais, farase constar, acreditando documentalmente esta circunstancia e o título de uso, así como a identidade do propietario.

3. No caso de adegas inscritas en calquera das denominacións de orixe de viños de Galicia, xuntarase certificado de inscrición no seu rexistro de elaboradores, con superficie propia ou dos seus asociados e número destes para o caso de cooperativas ou S.A.T.

4. Cando se trate de adegas non inscritas nas denominacións de orixe de viños de Galicia, ademais do indicado no punto 2., deberán xuntar:

a) Plano ou bosquexo a escala axeitada, no que se reflictan os detalles da construcción e localización das instalacións.

b) No caso de que dispoña de viñedos propios, relación de parcelas, con superficie e localización. Se se tratara de adegas cooperativas ou S.A.T., xuntarán relación de asociados coa superficie que cada un achega.

5. Se se trata de colleiteiros que desexen vende-lo seu bagazo a destiladores de augardente de bagazo, para a súa inscrición será suficiente a solicitude de inscrición, acompañada dunha declaración asinada na que figure una relación de parcelas coa súa superficie e localización.

Para os efectos deste punto, considérase colleiteiro á persoa física que exerza, en nome propio, a actividade de elaborador de viño e sexa propietario das uvas a partir das que se obteñen os bagazos que se transforman nun alcohol ou bebida derivada e que a súa producción de bagazo ou bagazo non supere en máis dun 20% a producción necesaria para que o destilado sexa considerado como destinado a consumo propio.

Artigo 16º

1. No rexistro de destiladores poderanse inscribi-las persoas físicas ou xurídicas titulares de instalacións destinadas á destilación de bagazos para a obtención de augardentes de bagazo, que estean situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Na inscrición figurará, ademais dos requisitos citados no punto 2 do artigo 15º deste regulamento; sistema de destilación, maquinaria, capacidade de destilación e de almacenamento de augardente, así como instalacións para recepción, conservación e manexo dos subproductos de vinificación.

3. Xuntarase:

a) Plano ou bosquexo a escala axeitada no que se reflictan os detalles da construcción con localización das instalacións.

b) Certificado de inscrición no rexistro de industrias agrarias.

c) Número da inscrición e autorización dos aparellos para destilar da Delegación Provincial de Facenda.

Artigo 17º

1. No rexistro de locais de envellecemento, poderán inscribirse todos aqueles locais que se adiquen ó envellecemento de augardentes de bagazo e estean situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Na inscrición figurará, ademais dos requisitos citados no punto 2 do artigo 15º deste regulamento:

a) Características da construcción, número de envases e capacidade unitaria e total.

3. Xuntarase plano ou bosquexo a escala axeitada no que se reflictan os detalles da construcción.

Artigo 18º

1. No rexistro de elaboradores-embotelladores, poderán inscribirse todas aquelas instalacións de elaboración e embotellado que se atopen situadas dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Na inscrición figurará, ademais dos requisitos citados no punto 2 do artigo 15º deste regulamento:

a) Número de depósitos e capacidade para o almacenamento de augardentes.

b) Maquinaria de elaboración e embotellado.

3. Xuntarase:

a) Plano ou bosquexo a escala axeitada no que se reflictan os detalles da construcción e situación das instalacións.

b) Copia da tarxeta de usuarios de alcohol vixente.

c) Copia do rexistro de embotellador.

Artigo 19º

Nas instalacións inscritas nos distintos rexistros que se recollen no artigo 13º deste regulamento, a manipulación, o almacenamento de bagazos e lías, así como a destilación, a elaboración, ou envellecemento e o embotellado dos productos destinados a ser protexidos pola denominación, deberán efectuarse de xeito claramente separado daqueloutros subproductos ou productos que non sexan protexibles. Tanto os silos ou depósitos de almacenamento de bagazos nos que o seu destino sexa a destilación para a obtención de productos protexibles, como os depósitos que conteñan estes productos protexibles pola denominación, deberán estar perfectamente identificados, de acordo coas normas aplicables, ou no seu defecto as que estableza o consello regulador.

Capítulo VI

Dereitos e obrigas

Artigo 20º

1. Só as persoas físicas ou xurídicas inscritas nos rexistros do consello regulador, que reúnan as condicións establecidas neste regulamento e demais dictadas por aquel, terán dereito a producir bagazo ou bagazo e a elaborar, envellecer e envasar augardentes de bagazo amparables pola denominación específica Orujo de Galicia.

2. Soamente poderán aplicarse a denominación específica Orujo de Galicia ás augardentes de bagazo que, procedentes de instalacións inscritas, foran producidas e elaboradas de acordo coas normas deste regulamento e sempre que reúnan as características definidas no artigo 12º.

3. O dereito ó uso dos termos denominación específica Orujo de Galicia en propaganda, publicidade, documentación e etiquetado é exclusivo das firmas inscritas nos distintos rexistros do consello regulador.

4. Toda persoa, física ou xurídica, inscrita nalgún dos rexistros mencionados queda obrigada ó cumprimento das disposicións deste regulamento e das normas e acordos especiais que establezan a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e o consello regulador

da denominación específica Orujo de Galicia, no marco das súas respectivas competencias.

Artigo 21º

As marcas, símbolos, emblemas, lendas publicitarias ou calquera outro tipo de propaganda que se empregue, aplicadas ás augardentes de bagazo protexidas pola denominación que ampara este regulamento, non poderán ser empregados baixo ningún concepto, nin siquera polos propios titulares, na comercialización doutras augardentes de bagazo non amparadas pola denominación específica Orujo de Galicia.

Artigo 22º

1. No etiquetado dos envases figurará obrigatoriamente e de xeito destacado a mención denominación específica Orujo de Galicia, e optativamente o seu logotipo, ademais dos datos obrigatorios que se determinan na lexislación aplicable concorrente.

2. As referencias no etiquetado relativas a zonas de procedencia, variedades de vide das que proceden os augardentes de bagazo, envellecemento e demais facultativas, axustaranse ó disposto neste regulamento e na lexislación que lles afecte.

3. Previo á súa utilización, as etiquetas deberán ser autorizadas polo consello regulador, para os efectos que se relacionan neste regulamento. Será denegada a aprobación daquelas etiquetas que, por calquera causa, poidan dar lugar a confusión do consumidor ou que desmerezan o bo nome desta denominación. Poderá ser revogada toda autorización concedida anteriormente cando teñan variado as circunstancias da firma propietaria dela, logo de audiencia ós interesados, instruíndo o expediente segundo o que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro, en canto atinxe ó procedemento administrativo común.

4. Tódolos envases nos que se expidan as augardentes de bagazo amparadas pola denominación con destino ó consumo directo irán provistos de precintas ou contraetiquetas numeradas, expedidas polo consello regulador, que deberán ser colocadas na instalación de envasado, de acordo coas normas que determine o consello regulador, e sempre de xeito que non permita unha segunda utilización.

5. O consello regulador adoptará e rexistrará un emblema ou logotipo como símbolo da denominación específica Orujo de Galicia, logo de aprobación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia.

6. O consello regulador poderá facer obrigatorio que no exterior das instalacións inscritas, e en lugar destacado, figure unha placa que reproduza o logotipo da denominación.

Artigo 23º

Toda expedición de subproductos de vinificación, con destino á destilación e obtención de augardentes de bagazo que protexerá a denominación, entre firmas inscritas na denominación, deberá ir acompa

ñada, ademais da documentación establecida pola lexislación vixente, por un volante de circulación expedido polo consello regulador, na forma que este determine.

Igualmente, a expedición de augardentes de bagazo protexibles entre firmas inscritas, ademais da documentación establecida, deberá acompañarse dun volante de circulación, expedido polo consello regulador, na forma que determine.

O establecido nos dous puntos anteriores será tamén esixible para o caso de expedicións que teñan lugar dunha firma inscrita a outra non inscrita.

Artigo 24º

O envasado das augardentes de bagazo amparadas por esta denominación deberá ser realizado exclusivamente nas instalacións inscritas autorizadas polo consello regulador. No caso contrario, a augardente de bagazo perderá o dereito ó uso da denominación específica, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que tal acto puidese comportar.

Artigo 25º

Co obxecto de poder controla-los procesos de producción, elaboración, envellecemento e embotellado, así como os volumes en existencia e canto sexa necesario para poder acredita-la orixe e a calidade das augardentes de bagazo amparadas pola denominación específica Orujo de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas titulares de instalacións inscritas nos distintos rexistros, están obrigadas a presenta-las seguintes declaracións:

1. Os inscritos no rexistro de productores de bagazo, unha vez finalizada a campaña de elaboración de viño e, en todo caso, antes do 15 de decembro, enviarán ó consello a seguinte documentación:

a) Cantidade de subproductos obtidos, por variedades, se é o caso.

b) Saídas de subproductos: cantidades e destinos.

c) Existencia de subproductos na data da declaración.

d) No caso de proceder de uvas mercadas: productor ó que se lle mercaron as uvas co lugar de orixe e a cantidade.

e) No caso de ter existencias de subproductos ó face-la declaración, enviaranlle ó consello ó finaliza-las existencias, e en todo caso antes do 31 de marzo, relación de saídas con cantidades e destinos.

2. Os inscritos no rexistro de destiladores enviarán ó consello a documentación seguinte, nos prazos que se sinalan:

a) Declaración de existencias dos distintos destilados a 31 de agosto, dentro dos 15 primeiros días de setembro.

b) Dentro dos 15 primeros días de cada trimestre natural:

1. Declaración de entradas de subproductos con procedencias e por variedades, se é o caso.

2. Declaración de entradas de augardentes de bagazo e a súa procedencia.

3. Declaración de augardentes de bagazo elaborados por variedade, se é o caso.

4. Declaración de saída de augardentes de bagazo.

3. Os inscritos no rexistro de locais de envellecemento enviaranlle ó consello a documentación que segue, nos prazos que se sinalan:

a) Declaración de existencias o 31 de agosto, comunicándollo ó consello regulador antes do 15 de setembro.

b) Dentro dos 15 primeros días de cada trimestre natural:

1. Entradas de augardente de bagazo: cantidades e procedencia.

2. Saídas de augardente de bagazo: cantidades e destino.

3. Augardente de bagazo empregado para efectuar recheos.

4. Os inscritos no rexistro de embotelladores, enviaranlle ó consello a documentación seguinte, nos prazos que se sinalan:

a) Declaración de existencias o 31 de agosto por tipo de producto, comunicándollo ó consello regulador dentro dos 15 primeiros días do mes de setembro.

b) Dentro dos 15 primeiros días de cada trimestre natural:

1. Declaración de entradas de augardente de bagazo por tipo e variedade.

2. Declaración de saídas de augardente de bagazo por tipo e variedade.

Artigo 26º

1. O consello regulador controlará, en cada campaña, as cantidades de augardente de bagazo amparado pola denominación, que poderá ser expedido por cada envasador inscrito nos rexistros de acordo coa producción propia de subproductos, entradas de subproductos ou augardentes de bagazo doutras firmas inscritas e existencias de campañas anteriores.

2. No caso de que se trate de envasadores de augardente de bagazo envellecido teranse en conta os rexistros correspondentes para que se cumpra o que ó respecto establece o presente regulamento.

Capítulo VII

Do consello regulador

Artigo 27º

1. O consello regulador da denominación específica Orujo de Galicia é un organismo dependente da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia con carácter

de órgano desconcentrado dela, e con atribucións decisorias en cantas funcións se lle encomendan neste regulamento de acordo co que determina o artigo 87 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois.

2. O seu ámbito de competencia estará determinado:

a) No territorial, pola respectiva zona de producción e elaboración.

b) En razón dos productos, polos protexidos pola denominación específica, en calquera das suas fases de elaboración, envasado, circulación e comercialización.

c) En razón das persoas, tanto físicas coma xurídicas, polas inscritas nos diferentes rexistros.

Artigo 28º

É misión principal do consello regulador a de aplica-los preceptos deste regulamento e velar polo seu cumprimento, para o que exercerá as funcións que expresamente se lle encomendan nel e segundo o ordenamento xurídico vixente.

Artigo 29º

1. O consello regulador da denominación específica Orujo de Galicia estará constituído por:

a) Un presidente.

b) Vicepresidente.

c) Sete vocais elixidos entre os productores de bagazo e destiladores inscritos nos rexistros a) e b) do artigo 13 deste regulamento, procurándose que estean representadas as distintas denominacións de viño de Galicia.

d) Sete vocais elixidos dentre os inscritos nos rexistros c) e d) do artigo 13 deste regulamento.

2. O consello regulador estará asesorado por dous técnicos nomeados polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de entre os técnicos ó servicio da Administración, con coñecementos especiais do sector dos alcohois e da lexislación de denominacións de calidade.

3. O presidente será nomeado polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, por proposta dos vocais elixidos para constituí-lo consello regulador. O vicepresidente será designado polo conselleiro de Industria e Comercio.

4. Para cada un dos cargos de vocal do consello regulador será elixido un suplente, do mesmo xeito que o vocal titular.

5. Os vocais do consello regulador serán renovados cada catro anos, podendo ser reelixidos.

6. En caso de cesamento dun vocal, por calquera causa legal, a súa vacante será cuberta polo seu substituto, que permanecerá no cargo ata que se produza a seguinte renovación do consello regulador.

7. O prazo para a toma de posesión dos vocais será, como máximo, dun mes desde a data da súa proclamación.

8. Causará baixa o vocal que:

a) Durante o período do seu cargo sexa sancionado por infracción grave nas materias que regula este regulamento, ben persoalmente ou ben a firma á que representa.

b) Por ausencia inxustificada a dúas sesións consecutivas ou a tres alternas no período dun ano.

c) Por causar baixa nos rexistros do consello.

d) Por perder vinculación co sector que o elixiu ou coa razón social á que pertence.

e) A petición propia.

Artigo 30º

1. Os vocais elixidos na forma que determina o artigo anterior deberán estar vinculados ó sector que representan, ben por seren titulares de empresas, ou ben por seren representantes de sociedades que se dediquen ás actividades aquí relacionadas.

2. Unha mesma persoa, física ou xurídica, inscrita en diferentes rexistros do consello regulador, non poderá ter neste representación dobre, unha no sector productor e outra no sector industrial, nin directamente nin a través de firmas filiais ou socios dela.

3. Os vocais elixidos por pertenceren, en calidade de directivos, a unha firma inscrita cesarán no seu cargo de vocal ó cesar como directivos da dita firma, aínda que sigan vinculados ó sector por pasar a outra industria, procedendo a designar un substituto na forma establecida.

Artigo 31º

1. Ó presidente correspóndelle:

a) Representar ó consello regulador. Esta representación poderá delegala en calquera membro do consello regulador de maneira expresa, e nos casos en que sexa necesario.

b) Cumprir e facer cumpri-las disposicións legais e regulamentarias relacionadas coa denominación.

c) Administra-los ingresos e fondos do consello regulador e ordena-los pagamentos en cumprimiento dos acordos tomados ó respecto polo pleno do consello.

d) Convocar e presidi-las sesións do consello regulador, fixando a orde do día sometendo á decisión del os asuntos da súa competencia e executa-los acordos adoptados.

e) Organiza-lo réxime interno do consello regulador.

f) Propoñerlle ó consello a contratación, suspensión ou renovación do seu pesoal.

g) Organizar e dirixi-los servicios.

h) Informa-la Administración pública correspondente das incidencias que se produzan na producción e mercado.

i) Remitirlle á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria aqueles acordos que para cumprimento xeral adopte o consello, en virtude das atribucións que lle confire este regulamento e aqueles que pola súa importancia estime que deben ser coñecidos por ela.

j) Todas aqueloutras outras funcións que acorde o consello regulador e lle encomende a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en consonancia cos fins establecidos.

2. A duración do mandato do presidente será de catro anos, podendo ser reelixido.

3. O presidente cesará:

a) Ó expira-lo termo do seu mandato.

b) A petición propia, unha vez aceptada a súa demisión.

c) Por decisión da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, logo de incoación e resolución do expediente para o efecto.

d) Por incorrer nalgunha das causas xerais de incapacidade establecidas na lexislación vixente.

e) Perda da confianza do pleno manifestada en votación secreta por maioría dos dous tercios dos seus membros.

f) Polas demais causas recoñecidas no ordenamento xurídico.

4. En caso de cesamento ou falecemento, o consello regulador, no prazo dun mes, proporalle un novo presidente a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para a súa designación.

5. As sesións de constitución do consello regulador e aquelas nas que se estudie a elección do seu presidente serán presididas por unha mesa de idade, composta polo vocal de maior idade e dos vocais máis novos.

Artigo 32º

Correspóndelle ó vicepresidente do consello regulador substituí-lo presidente en casos de ausencia, enfermidade e nos demais previstos neste regulamento. No exercicio das suas funcións en defecto do presidente, o vicepresidente terá as mesmas competencias e obrigas propias daquel.

Artigo 33º

1. O consello regulador reunirase cando o convoque o presidente, ben por propia iniciativa ou a petición da metade dos vocais, sendo obrigatorio celebrar sesión ordinaria, polo menos, unha vez ó trimestre.

2. As sesións do consello regulador convocaranse, alomenos, con oito días de antelación, debendo acompañar á citación a orde do día para a reunión, na que non se poderán tratar máis asuntos cós previamente sinalados.

Para a inclusión na orde do día dun asunto determinado será necesario que o soliciten, alomenos tres dos vocais, con catro días de anticipación como mínimo.

En caso de necesidade, cando así o requira a urxencia do asunto a xuízo do presidente, citaranse os vocais por medios axeitados, con vintecatro horas de anticipación como mínimo.

A falta de convocatoria, e con carácter excepcional, o consello regulador quedará validamente constituído cando estean presentes a totalidade dos seus membros e así o acorden por unanimidade.

3. Cando un vocal titular non poida asistir xustificadamente a unha sesión, notificarallo ó consello regulador, para o efecto de que poida ser substituído polo seu suplente.

4. Os acordos do consello regulador adoptaranse por maioría dos membros presentes e para a súa validez será necesario que estean presentes máis da metade dos seus membros. O presidente terá voto de calidade.

5. Para resolver cuestións de trámite ou naqueles casos en que se coide necesario, poderá constituírse unha comisión permanente, que estará formada polo presidente e, alomenos, dous vocais titulares designados polo Pleno do consello regulador, un en representación de cada sector.

Na sesión na que se acorde a constitución da dita comisión permanente aprobaranse tamén as misións específicas que lle competen e as funcións que exercerá.

Tódalas resolucións que tome a comisión permanente ou outras comisións seranlle comunicadas o pleno do consello regulador na primeira reunión que este celebre.

Artigo 34º

1. Para o cumprimento dos seus fins, o consello regulador contará co persoal necesario segundo o cadro de persoal aprobado polo consello regulador e que figure dotado no seu orzamento.

2. O consello regulador terá un secretario designado polo propio consello, por proposta do presidente, do que dependerá directamente, e que terá como cometidos específicos os seguintes:

a) Prepara-los traballos do consello regulador e tramita-la execución dos seus acordos.

b) Asistir ás sesións con voz, pero sen voto, cursa-las convocatorias, levanta-las actas e custodia-los libros e documentos do consello regulador.

c) Velar pola correcta disposición dos asuntos relativos ó réxime interno do organismo, tanto de persoal coma administrativo, exercendo a xefatura inmediata sobre o persoal.

d) Actuar como instructor nos expedientes sancionadores incoados polo consello regulador.

e) Realizar outras funcións que lle encomende o presidente, relacionadas coa preparación e instrumentación dos asuntos competencia do consello.

3. Para os servicios de control e vixilancia contará con vedores propios, encadrados dentro dos servicios técnicos. Estes vedores serán designados polo consello regulador e habilitados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, coas seguintes funcións inspectoras:

a) Sobre as instalacións de producción, elaboración, envellecemento e envasado inscritas nos rexistros do consello regulador.

b) Sobre os productos protexidos en todo o territorio de Galicia.

4. Para efectuar traballos urxentes, o consello regulador poderá contrata-lo persoal necesario sempre que no orzamento teña aprobada dotación para este concepto.

5. A todo o persoal do consello regulador, tanto de carácter fixo como eventual, seralle de aplicación a lexislación laboral vixente.

6. Os servicios prestados polo consello regulador, xunto cos necesarios para o control da calidade dos productos amparados, poderán contratarse con entidades de recoñecida solvencia. Desta habilitación exceptúase o concernente á inspección e instrumentación de asuntos que comporten a imposición de sancións administrativas que só poderá ser realizado por persoal directamente dependente do consello regulador.

Artigo 35º

1. O consello regulador establecerá unha comisión de cualificación das augardentes de bagazo, formado como mínimo por cinco expertos en análise sensorial de augardentes e un delegado do presidente do consello regulador.

2. A comisión de cualificación terá como misión informar sobre a calidade das augardentes de bagazo que opten a ser amparados pola denominación. Poderá contar cos asesoramentos técnicos que considere necesarios.

3. O consello regulador á vista dos informes dos servicios técnicos do consello, da análise físico-química e do informe sobre a análise sensorial emitida pola comisión de cualificación, resolverá o que proceda, chegando, se é o caso, á descualificación da augardente de bagazo.

A resolución do consello regulador poderá ser obxecto de recurso ante a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia no prazo dun mes, tal e como prevén os artigos 114 e concordantes de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, que regula o procedemento administrativo común.

4. O consello regulador dictará as normas precisas para a constitución e funcionamento do comité de cualificación.

Artigo 36º

1. O financiamento das obrigas do consello regulador efectuarase cos seguintes recursos:

1.1. Co producto das exaccións parafiscais que se fixan no artigo 90 da Lei 25/1970, ás que se aplicarán os tipos seguintes:

a) O 1 por 100 sobre o valor dos subproductos de vinificación.

b) O 1,5 por 100 sobre o valor do producto amparado comercializado.

c) Pola expedición de certificados ou visados de facturas, haberá que se ater ó establecido en cada caso pola normativa vixente.

d) O dobre do prezo de custo sobre as contraetiquetas.

Os suxeitos pasivos destas exaccións son:

Da a), os titulares de adegas de elaboración de viño, inscritos no rexistro de productores de bagazo.

Da b), os titulares de instalacións de industrias inscritas nos rexistros da denominación que expidan augardentes de bagazo amparadas por esta denominación específica, ó mercado.

Da c), os titulares de instalacións inscritas solicitantes de certificados ou visados de facturas.

Da d), os titulares de instalacións inscritas, que adquiran contraetiquetas.

1.2. As subvencións, legados, donativos e demais transmisións de bens e dereitos a título gratuíto das que sexa beneficiario o consello regulador.

1.3. As cantidades que puidesen percibirse en concepto de indemnizacións por danos e prexuízos ocasionados ó consello regulador ou os intereses que representa.

1.4. Os bens que constitúen o seu patrimonio e os productos e vendas del.

2. Os tipos impositivos fixados neste artigo poderán variarse, por proposta do consello regulador, pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, cando as necesidades orzamentarias deste así o aconsellen, e sempre dentro dos límites sinalados no artigo 90 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, e no seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo.

3. A xestión dos ingresos e gastos que figuren nos orzamentos correspóndelle ó consello regulador.

4. A aprobación dos orzamentos do consello regulador e da súa contabilidade será realizada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de acordo coas normas xerais da Comunidade Autónoma e coas atribucións e funcións que lle asigne a lexislación vixente na materia.

Artigo 37º

1. Os acordos do consello regulador que non teñan carácter particular e afecten a unha pluralidade de

suxeitos poderán notificarse mediante o envío de circulares ós inscritos nos diferentes rexistros, circulares que tamén se exporán nas oficinas do consello regulador. Tamén se remitirán ás organizacións do sector legalmente constituídas. A exposición das ditas circulares publicarase alomenos nun dos medios seguintes: Diario Oficial de Galicia ou xornal de maior tirada na dita Comunidade Autónoma.

2. Contra os acordos e resolucións que adopte o consello regulador poderase recorrer, en todo caso, ante a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia, dentro do prazo dun mes, tal como prevén os artigos 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Capítulo VIII

Das infraccións, sancións e procedemento

Artigo 38º

Tódalas accións que sexa preciso desenvolver en materia de expedientes sancionadores axustaranse a la Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo; o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria, en canto lles sexa de aplicación; á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sanciónadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, e cantas disposicións xerais estean vixentes no momento sobre a materia.

Artigo 39º

1. As infraccións ó disposto neste regulamento e os acordos do consello regulador serán sancionadas con apercibimento, multa, comiso da mercadoría, suspensión temporal do uso da denominación ou baixa no rexistro ou rexistros dela, conforme se expresa nos artigos seguintes, sen prexuízo das sancións que por contravi-la lexislación xeral sobre a materia, poidan ser impostas.

En caso de concorrencia de infraccións ou sancións aplicaranse os principios recollidos na lexislación penal e amparados pola xurisprudencia.

2. As bases para a imposición de multas determinaranse de acordo co artigo 120 do Decreto 835/1972, do 23 de marzo.

Artigo 40º

De acordo co que dispón o artigo 129.2º do Decreto 835/1972, do 23 de marzo, as infraccións cometidas polas persoas inscritas nos rexistros desta denominación específica, para os efectos da súa sanción, clasificanse da forma seguinte:

1) Faltas administrativas:

1. Son, en xeral, as inexactitudes e omisións nas declaracións, documentos comerciais autorizados,

volantes de circulación, asentos, libros de rexistro e demais documentos de control que garantan a orixe e a calidade dos productos e en especial as seguintes:

a) Inexactitudes e omisións de datos e comprobantes que en cada caso sexan precisos para a inscrición nos diferentes rexistros, sempre que non sexan determinantes para a inscrición.

b) Non lle comunicar ó consello regulador calquera variación que afecte os datos subministrados no momento da inscrición, nun prazo dun mes, desde o momento en que se produza a dita variación.

c) Omitir ou falsear datos relativos ás produccións, movemento e existencias de productos amparados por esta denominación específica.

d) O incumprimento da normativa vixente na expedición de productos, en referencia ó citado no artigo 23 deste regulamento.

e) A falta de libros de rexistro, fichas de control ou cantos outros documentos sexan obrigatorios conforme o presente regulamento.

f) As restantes infraccións ó regulamento ou ós acordos do consello regulador, nas materias ás que se refiere este número 1).

2. As faltas administrativas sancionaranse con apercibimento, ou con multa do 1 ó 10 por 100 do valor dos productos afectados.

2) Infraccións ás normas establecidas neste regulamento sobre producción, elaboración, envellecemento e características das augardentes de bagazo protexidas, en especial as seguintes:

1. O incumprimento das normas sobre a conservación de bagazos e sobre normas, prácticas e sistemas de elaboración, envellecemento e envasado das augardentes protexidas por esta denominación específica.

2. Expedir ou empregar para a elaboración de productos que deban ser amparados, materias primas en estado deficiente ou descualificadas.

3. Empregar alcohois ou productos non autorizados na elaboración de augardentes de bagazo protexidas.

4. As demais infraccións que se produzan contra o disposto no regulamento ou os acordos do consello regulador, nas materias ás que se refire este número 2).

a) Estas infraccións sancionaranse con multas do 2 ó 20 por 100 do valor dos productos afectados. Ademais tamén poderá ser aplicado o comiso.

3) Infraccións por uso indebido da denominación ou por actos que poidan causarlle prexuízo ou desprestixio, as seguintes:

1. A utilización de nomes comerciais, marcas, símbolos ou emblemas que fagan referencia á denominación ou ós nomes protexidas por ela na comercialización de augardentes non protexidos ou productos semellantes.

2. O uso da denominación en augardentes de bagazo que non foran destiladas, envellecidas, elaboradas ou embotelladas de acordo coas normas establecidas pola lexislación vixente e por este regulamento ou que non reúnan as condicións analíticas ou organolépticas que deban caracterizalas.

3. O uso de nomes comerciais, marcas ou etiquetas non aprobados polo consello regulador, nos casos ós que se refire este número 3).

4. A indebida tenza, negociación e utilización de documentos, contraetiquetas, selos, símbolos ou caracteres propios da denominación ou do consello regulador.

5. A expedición de augardentes de bagazo que non correspondan ás características de calidade mencionadas nos seus medios de comercialización.

6. A expedición, circulación ou comercialización de augardentes de bagazo amparadas pola denominación, desprovistas de contraetiquetas ou dos medios de control establecidos polo consello regulador.

7. Efectua-lo embotellado e o contraetiquetado en locais que non sexan as instalacións inscritas e autorizadas polo consello regulador, ou non axustarse ós acordos do consello nesta materia.

8. O incumprimento do establecido neste regulamento ou nos acordos do consello regulador no referente a envases, presentación, documentación, contraetiquetado e trasvase dos augardentes de bagazo.

9. Falsear ou omitir nas declaracións para a inscrición, en calquera dos rexistros da denominación, os datos e comprobantes que en cada caso sexan precisos, sempre que sexan determinantes para a inscrición.

10. A manipulación, traslado ou disposición en calquera forma de productos cautelarmente intervidos polo consello regulador.

11. O emprego de depósitos e locais non autorizados para almacenar ou manipular productos amparados pola denominación.

12. O non pagamento das exaccións parafiscais previstas no artigo 36 por parte dos suxetos pasivos, de cada unha das ditas exaccións.

13. En xeral, calquera acto que contraveña o disposto neste regulamento ou nos acordos do consello regulador no referente a este punto 3).

a) Estas infraccións sancionaranse con multas que irán desde 20.000 pesetas ata o dobre do valor dos productos afectados, cando o dito valor supere aquela cantidade, ademais de comporta-lo comiso do producto en cuestión.

4) Infraccións por obstrucción ás tarefas inspectoras ou de control do consello regulador, en especial as seguintes:

1. A negativa ou a resistencia a subministra-los datos, a facilita-la información ou a permiti-lo acce

so á documentación requirida polo consello regulador ou os seus axentes autorizados, para o cumprimento das funcións de información, vixilancia, investigación, inspección, tramitación e execución, nas materias ás que se refire este regulamento, ou as demoras inxustificadas para facilita-los referidos datos, información ou documentación.

2. A negativa á entrada ou permanencia dos inspectores do consello regulador nas instalacións inscritas e os seus anexos.

3. A resistencia, coacción, ameaza, represalia ou calquera outra forma de presión ó persoal ó servicio do consello regulador, así como a tentativa de exerce-los ditos actos.

a) Estas infraccións sancionaranse de acordo co establecido no Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Artigo 41º

1. As infraccións cometidas por persoas non inscritas nos rexistros do consello regulador, son:

1) Usar indebidamente a denominación específica Orujo de Galicia.

2) Empregar nomes comerciais, marcas, expresións, signos ou emblemas que pola súa identidade ou similitude gráfica ou fonética cos nomes protexidos pola denominación específica Orujo de Galicia ou cos signos e emblemas característicos dela, poidan inducir a confusión sobre a natureza e a orixe dos productos, sen prexuízo dos dereitos adquiridos, que sexan debidamente recoñecidos polos organismos competentes.

3) Emprega-los nomes xeográficos protexidos pola denominación específica en etiquetas ou propaganda de productos similares sen dereito á protección da denominación, aínda que vaian precedidos polos termos «tipo» ou outros análogos.

4) Calquera acción que cause prexuízo ou desprestixio á denominación específica Orujo de Galicia, ou tenda a producir confusión no consumidor respecto a ela.

2. Estas infraccións sancionaranse con multas que van desde 20.000 pesetas ata o dobre do valor da mercadoría, cando este valor supere aquela cantidade, levando aparellado o seu comiso.

Artigo 42º

Para a aplicación das sancións previstas nos artigos anteriores teranse en conta as seguintes normas:

1. Aplicaranse no seu grao mínimo:

1) Cando se trate de simples irregularidades na observancia das regulamentacións, sen trascendencia directa para os consumidores ou que non supoñan beneficio especial para o infractor.

2) Cando se emenden os defectos no prazo sinalado para iso polo consello regulador.

2. Aplicaranse no seu grao medio:

1) Cando se produza reiteración na negativa a facilitar información, prestar colaboración ou permiti-lo acceso á documentación esixida por este regulamento ou polos acordos do consello regulador.

2) Cando a infracción teña trascendencia directa sobre o consumidor ou supoña beneficio especial para o infractor.

3) Cando non se emenden os defectos no prazo sinalado polo consello regulador.

4) Cando a infracción se produza por unha actuación neglixente con inobservancia das normas de actuación expresamente acordadas polo consello regulador.

5) En tódolos demais casos nos que non proceda a aplicación dos graos mínimo ou máximo.

3. Aplicaranse no seu grao máximo:

1) Cando se probe a concorrencia de manifesta mala fe no infractor.

2) Cando da infracción se deriven prexuízos graves para a denominación, os seus inscritos e os consumidores.

4. Nos casos de infraccións que coincidan co disposto no título V da Lei 25/1970, do 2 de decembro, poderase acorda-la suspensión temporal do uso da denominación.

A suspensión temporal do dereito o uso da denominación levará consigo aparellada a suspensión dos dereitos que outorga este regulamento ós inscritos nos seus rexistros.

Artigo 43º

No caso de reincidencia ou cando os productos estean destinados á exportación, as multas serán superiores nun 50 por 100 ás máximas sinaladas neste regulamento.

No caso de que o reincidente cometese nova infracción, as multas poderán elevarse ata o triple dos máximos establecidos neste regulamento.

Artigo 44º

1. A incoación e instrucción dos expedientes sancionadores corresponderalle ó consello regulador cando o presunto infractor se atope inscrito nalgún dos seus rexistros.

2. A resolución dos expedientes incoados corresponderalle ó consello regulador cando a sanción non exceda de 50.000 pesetas. Nos demais casos, incluído cando o expedientado non figura inscrito nos rexistros, o consello regulador porao en coñecemento e trasladará as actuacións á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou ó organismo competente.

3. Nos expedientes de carácter sancionador incoados polo consello regulador, deberá actuar como instructor o secretario do consello e como secretario o letrado do consello regulador ou, en caso de non habelo, unha persoa ó servicio del.

4. A decisión do comiso definitivo de productos e o destino destos corresponderá a quen teña atribuída a facultade de resolve-lo expediente.

Artigo 45º

Nos casos nos que a infracción corresponda ó uso indebido da denominación, o consello regulador, sen prexuízo das actuacións e ulteriores sancións administrativas pertinentes, poderá acudir ós tribunais, exercendo as accións civís e penais recoñecidas na lexislación vixente.