Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 4 de decembro de 1998, acordou aproba-lo proxecto técnico de expropiación para a execución da ZL-85 e do DM-6 en Triacastela.

En cumprimento do disposto nos artigos 17 e seguintes do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, o concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos quince días que seguen á publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que coiden oportunas (contarase o prazo desde o último anuncio que se publique ou desde a notificación individual se esta fose posterior).

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Relacións de bens e dereitos afectados:

Situación: traseiras das edificacións que dan fronte á rúa dos Concheiros nº 8, 10, 14, 16, 18, 20 e 22, e traseiras dos edificios da Avda. de Lugo nº 233, 235, 237, 239.

Nº de parcelaTitularm expropiación

1Mosquera Brey, José448,60

2Rey Pardo, Manuel581,80

3Quintela, Manuel129,90

4Gil, Hros. de Manuel 93,00

5Descoñecido172,00

6Míguez Naveiro, Manuel219,00

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1998.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro-delegado de Urbanismo