Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da xunta de compensación da unidade de actuación UA1 Tomada.

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do dezaoito de xuño de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases de actuación e estatutos para constitución e funcionamento da xunta de compensación da unidade de actuación 1 Tomada, presentado con data do 1 de xuño Ppdo. no Rexistro da Xerencia de Urbanismo por Juan Álvarez Rial e J. José Filgueira Alonso, en representación de propietarios da UA constituídos en comisión xestora, someténdoos a información pública polo prazo de vinte días mediante a inserción de anuncios no DOG e notificación persoal ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento, segundo o establecido no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, en relación co artigo 102 desta. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos na citada lei, así como no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou, intentada, esta, non se puidese practicar.

Vigo, 12 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo