Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación do servicio de atención cidadá do télefono 010 e da centraliña telefónica municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de contratación.

b) Número de expediente: As99/6.

2. Obxecto do contrato: servicio de atención cidadá do teléfono 010 e da centraliña telefónica municipal.

Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adjudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 22.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart (a)aytolocoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría a.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Adminisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa», e «Documentación técnica») e o seguinte lema «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación do servicio de atención cidadá do teléfono 010 e da centraliña telefónica municipal (Ref. As99/6)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado