Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 1999, acordou, ó abeiro do que dispón o artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas nos solos dos núcleos rurais de poboación e rústicos do concello da Gudiña, coas seguintes excepcións:

-En núcleos rurais preexistentes: permitirase o outorgamento de licencias para obras de construcción, adaptación e reforma de vivendas unifamiliares, así como daquelas que se caractericen pola súa especial vinculación coas actividades do sector primario de carácter agrícola, gandeiro e forestal.

-En solo rústico: permitirase o outorgamento de licencias para obras de construcción, adaptación e reforma daquelas destinadas a actividades agrícolas, forestais e gandeiras ou outras que garden relación coa natureza ou coa explotación de recursos naturais.

Contra este acordo poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contecioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día en que teña lugar a publicación deste acordo.

Poderá interpoñerse calquera outro que se considere procedente.

A Gudiña, 26 de xaneiro de 1999.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde