Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros na do 8 de febreiro deste ano (Diario Oficial de Galicia número 34, do pasado venres 19) pola que se anuncia concurso público aberto, para adquisición de sinalización interior e exterior con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela (A Coruña) (SCC-10/1999) (lote único).

Advertidos erros na antedita resolución, publicada no DOG nº 34, do 19 de febreiro de 1999 nas dúas versións, galego e castelán,

DISPOÑO:

1. Rectificar na páxina 1.928, que onde di: «subministración sucesiva»; deberá dicir: «subministración».

2. Na mesma páxina, no parágrafo de presentación de proposicións onde di: «antes das 14 horas do décimo terceiro día natural»; quedará redactado da seguinte maneira: a presentación de proposicións rematará antes das 14 horas do día 17 de marzo de 1999.

3. Na mesma páxina, no parágrafo de apertura de proposicións onde di: «a partir das 10 horas de quinto día natural»; quedará redactado da seguinte maneira: a apertura de proposicións será a partir das 10 horas do día 22 de marzo de 1999.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos