Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante o concurso público 1/1999, con tramitación urxente, do servicio de lavandería deste hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación,

polo procedemento aberto, mediante concurso público, tramitación urxente, da contratación do servicio de lavandería do Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e orzamento: a contratación do Servicio de Lavandería do Hospital Comarcal Valdeorras por un orzamento máximo de 17.600.000 ptas., IVE incluído, 105.778,130371 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: 1 ano, prorrogable ata un máximo de 6 anos por mutuo acordo das partes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e dmais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa, nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Tfno.: 988 33 90 05.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trescentas cincuenta e dúas mil pesetas (352.000 ptas., 2.115,562608 euros), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en diante, LCAP).

Solvencia económica e financeira: xustificarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19 de maio).

Solvencia técnica: xustificarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19 de maio).

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación: prezo (ptas./kg, euros/kg e reducción de prezo/kg no caso de aumento da producción): ata 25 puntos.

Protocolo para coidado da roupa (tratamento, desinfección e prevención-duración): ata 35 puntos.

Experiencia nesta clase de servicios: ata 20 puntos.

Achegas técnicas e materiais (non recollidas no prego): ata 10 puntos.

Instalación da empresa: ata 5 puntos.

Proximidade con relación ó hospital: ata 5 puntos.

Admisión de variantes: admítense a presentación de variantes ou alternativas no servicio obxecto do presente concurso, sempre que se consideren como alternativas ó servicio establecido e o mellore.

Estas incluiranse dentro do sobre B1 que forma parte da documentación económica (sobre B).

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 9 de febreiro de 1999.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras