Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Dirección Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante gasto anticipado e polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva para a adquisición de ortoprótese e órtese, para entrega directa ós pacientes enviados polos facultativos especialistas.

A directora provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, e logo de autorización do presidente do Servicio Galego de Saúde do 5 de gosto de 1998, convoca o expediente de contratación de gasto anticipado 1/1999, polo sistema de concurso público e procedemento aberto.

1. Nome e enderezo do servicio:

Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde. Servicio de Xestión Económica e Investimentos. A Coruña, 24. 36211 Vigo. Tfno.: 986 81 41 08. Fax: 986 81 41 16.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público aberto.

3. a) Lugar de entrega da subministración: entrega directa ós pacientes enviados.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar.

* Ortoprótese de membros e órtese de columna con folla de prescrición visada pola Inspección Sanitaria.

c) Cantidade dos productos que se deben subministrar:

Lote I: subministración sucesiva autorizada de órtese de columna cun orzamento máximo de dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de ptas.).

Lote II: subministración sucesiva autorizada de ortoprótese de membros cun orzamento máximo de trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000 de ptas.).

Os subministradores poderán licitar por calquera dos lotes ou por ambos.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de prescricións técnicas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 29 de marzo de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 5 de abril de 1999.

b) Enderezo á que deben dirixirse: ver punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da devandita apertura: 9.30 horas, sala de xuntas da dirección provincial do Sergas, 16 de abril de 1999.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento de cada un dos lotes ós que se licite.

Definitiva: 4% do importe máximo de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver punto 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que dberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 12.3 do prego de cláusulas administrativas.

15. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 9 de febreiro de 1999.

19. Anuncios: o importe da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 30 de decembro de 1998.

Ana Mª Sánchez Fernández

Directora provincial de Pontevedra