Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a realización da tramitación técnica de expedientes ambientais.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: contratación da asistencia técnica para a tramitación técnica de expedientes ambientais.

2.2. Prazo de execución: seis meses.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.250.000 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata (245.000 pesetas).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata (490.000 pesetas).

6. Clasificación: non é necesaria.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Os Basquiños nº 2.

c) Localidade e Cód. postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e Códg. postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admon. Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde ó último día da presentación das proposicións; se coincide

en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente