Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos expedientes sancionadores de epizootias 194SA e 284SA/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúen, por infracción á Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e ó seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174 do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que figuran no expedientes, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 1 de febreiro de 1999.

P.O.

Manuel Puente Araújo

Xefe do Servicio Xurídico

ANEXO

Expediente: 194SA/98.

Denunciado: López Iglesias, Manuel.

DNI: 76.617.143.

Último enderezo coñecido: r/ Doctor Fleming nº 1-4º Esq., Chantada (Lugo).

Feito denunciado: transportar un animal bovino, procedente do mercado de Santiago de Compostela, carecendo da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 12 do Decreto 355/1994, 169 do Regulamento de epizootías en relación co 213 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 284SA/98.

Denunciado: Segundo Moure, María Lucia.

DNI: 33.229.724.

Último enderezo coñecido: Aríns, Vilacova, A Coruña.

Feito denunciado: transportar cinco animais da especie porcina, con destino o seu domiclio, carecendo da guía necesaria para o seu traslado e do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando, no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5 da Orde 4-4-1997, 52.4º do regulamento de epizootias en relación co 224 do mesmo Regulamento; 1 do Decreto 355/1994 1 da Orde do 23-8-1995 e 1 da Orde 2-2-1998, en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 25.000 ptas.