Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias 004SA/99.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358 do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, de 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - e para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou pro

postas de probas, coide convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme, establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 1 de febreiro de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 004SA/99.

Denunciado: Feijoo Rodríguez, Manuel.

DNI: 76.724.898.

Último enderezo coñecido: A Merca, Ourense.

Feito denunciado: efectuar operacións de compra-venda de gando bovino no mercado de Amio (Santiago de Compostela), carecendo do carné de operador comercial de gando.

Tipificación da infracción regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e o artigo 195.2º do Regulamento de epizootias en relación co 213 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.