Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 253SA/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358 do 23 de decembro), e mais do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 1 de febreiro de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente. 253SA/98.

Denunciado: Gorgal Nieto, Manuel.

DNI: 33.221.448.

Último enderezo coñecido: Campo Longo (Couso), s/n Negreira (A Coruña).

Feitos denunciados: efectuar operacións de compravenda de gando da especie bovina no mercado de Amio (Santiago de Compostela), carecendo do carné de operador comercial de gando.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e o artigo 195.2º do Regulamento de epizootias en relación co 213 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.