Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 16 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude dun aproveitamento das augas mineromedicinais do manancial Baniño, número 30, na provincia de Ourense.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense fai saber que José Manuel Iglesias Cid solicitou o aproveitamento das augas do manancial denominado Baniño nº 30, do termo municipal de Xunqueira de Ambía, provincia de Ourense, cun perímetro de protección cunha designación, para a zona máis ampla, que vén determinado pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas xeográficas.

XY

17º 43' 52''42º 15' 16''

27º 40' 51''42º 13' 50''

37º 42' 20''42º 11' 35''

47º 45' 5''42º 11' 5''

57º 46' 7''42º 11' 32''

67º 45' 28''42º 14' 30''

O que se fai público para que os interesados e en particular os propietarios de terreos, bens ou dereitos comprendidos no perímetro, poidan alegar no prazo de quince días canto conveña ós seus intereses.

Ourense, 16 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense