Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade publica, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como apribación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Peiro de Arriba (Culleredo).
Liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,220 km con orixe no apio de formigón 1B-11 da L.M.T. a C.T. Ermida de Ternande (expediente 26844) e final no centro de transformación proxectado de Peiro, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. Liña de media tensión aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,012 km con orixe no apoio de formigón 2(1B-11) da L.M.T. a C.T. Ermida de Ternande (expediente 26844) e final no centro de transformación proxectado en Peiro de Arriba, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 15000/380-220 V en Peiro de Arriba. Centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA 15.000/380-220 V en Peiro de Arriba. Liña de baixa tensión aérea de 0,370 km de lonxitude con orixe en centro de transformación proxectado de Peiro, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea de 0,685 km de lonxitude con orixe en centro de transformación proxectado de Peiro de
Arriba, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 10-11-1998 e no BOP do 29-10-1998, no xornal La Voz de Galicia do día 3-11-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Culleredo ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.
Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se recibiron escritos de rectificación de datos ou alegacións.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincia resolveu:
Autorizar e aprobar o proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública dos mesmos que leva implícita a necesidade de ocu
pación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 29 de xaneiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña