Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 68/1998).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., O Pazo (Rianxo).

Liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,076 km con orixe no apoio s/n da L.M.T. Boiro-Rianxo, no centro de transformación proxectado tipo intemperie O Pazo, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V e unha rede de baixa tensión de 0,470 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

A petición someteuse a información pública, con relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no Diario Oficial de Galicia do 9-7-1998 e no BOP do 9-6-1998, no xornal O Correo Galego do día 6-6-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Rianxo ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se recibiron escritos de rectificación de datos ou alegacións.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública dos mesmos que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 29 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña