Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/198-1).

Visto o expediente para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Coviña-Furnas-Carballal.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 165 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 170 da liña Porto do Son-Ribeira (expediente 3081) e remate no C.T. Furnas a instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Furnas, do que parte rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo en conductor R.V. de 80 m de lonxitude. Porto do Son.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulo III e IV do Decreto 2617, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña