Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/318-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificación 1 o proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Monte Boado.

Situación: Boimorto.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.560 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Aquelavila (expediente 51362) e remate no C.T. Ponte Boado, por instalar. Centro de transformación tipo intemperie, Ponte Boado, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 290 m de lonxitude. Boimorto.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulo III e IV do Decreto 2617, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña