Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/2-2, 5092 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T, C.T, R.B.T en Alférez Baanante nº 3 (Chantada).

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea ó C.T de Alférez Baanante nº 3 de 41 metros a 20 kV baixo tubo de polipropileno en conductor R.H.V. C.T de interior de Alférez Baanante nº 3 de 400 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T subterránea de Alférez Baanante nº 3 de 100 metros baixo tubo de polipropileno en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de xaneiro de 1999 .

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo