Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/362-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pastoriza II-Carbia.

Situación: Vila de Cruces.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 492 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T.

por 7.02, no apoio derivación ó C.T. existente de Pastoriza, rematando no C.T. que se proxecta en Pastoriza II-Carbia, Concello de Vila de Cruces. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/362. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. Pastoriza II.Termo municipal: Vila de Cruces.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CanceliñaPradoRamón Vilanova PeitiadoPastoriza-Carbia, 10, 36582 Vila de Cruces14140

2/ACanceliñasPradoMaría Vilanova PeitiadoVilar-Brandariz, 14, 36582 Vila de Cruces14140

2/BCanceliñasPradoPreciosa Vilanova PeitiadoAvda. de Lugo, 165, 15703 Santiago de Compostela14140

6CanceliñasPradoHdos. de Ponciano IglesiasMerza, 3, 36582 Vila de Cruces12120

7CanceliñasPradoCarmen Castro TorresMontero-Ríos, 34, 36201 Vigo12120

8CanceliñasPradoHdos. de Herminda Sueiro BoadoAbealla-Carbia, 9, 36582 Vila de Cruces45450

12LeiragrandePradoJosé Manuel Fernández SueiroPastoriza-Carbia, s/n, 36590 Vila de Cruces1080

13LeiragrandePradoHdos. de Ramón Torres AriasPastoriza-Carbia, 29, 36582 Vila de Cruces520

14LeiragrandePradoHdos. de Ramón Torres AriasPastoriza-Carbia, 29, 36582 Vila de Cruces22220

16CascalleiraPradoRamón Vilanova PeiteadoPastoriza-Carbia, 10, 36582 Vila de Cruces50500

18CascalleiraPradoJosé Rey OteroPastoriza-Carbia, s/n, 36582 Vila de Cruces41,6963630