Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios complementarios para as actuacións e actividades culturais que se van realizar no Teatro Colón no ano 1999. (Expediente 99/184 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios complementarios para as actuacións e actividades culturais que se van realizar no Teatro Colón no ano 1999.

Lugar de execución: Teatro Colón.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1999.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: ata 17.600.000 ptas. 105.778,13 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 704.000 ptas. 4.231,13 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 19 de febreiro de 1999.

Augusto Cesar Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña