Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de roupa de cama e toallas con destino ás habitacións da residencia do Pazo de Mariñán. (Expediente 99/1105 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de roupa de cama e toallas con destino ás habitacións da residencia do Pazo de Mariñán.

Lugar de entrega: Pazo de Mariñán.

Prazo de entrega: 18 de marzo de 1999.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 4.586.825 ptas. 27.567,37 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 183.473 ptas. 1.102,69 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 19 de febreiro de 1999.

Augusto Cesar Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña