Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.108

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO OFICIAL DE FISIOTERAPEUTAS DE GALICIA

ANUNCIO da comisión xestora.

A comisión xestora do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, en sesión celebrada o 16 de xaneiro de 1999, acordou:

1. Aproba-lo censo de profesionais fisioterapeutas de Galicia.

2. Convoca-la asemblea xeral constituínte que se celebrará o día 27 de marzo de 1999 ás 10 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda e derradeira convocatoria, no Hotel Peregrino, na avenida de Rosalía de Castro, s/n, Santiago de Compostela, coa orde do día:

1. Informe da xestión da comisión xestora sobre a constitución do colexio.

2. Presentación dos estatutos definitivos do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. Debate e votación.

3. Presentación das candidaturas e elección dos cargos corporativos.

4. Rogos e preguntas.

5. Aprobación da acta da asemblea.

Na Coruña, 15 de febreiro de 1999.

Manuel Gutiérrez Nieto

Presidente da comisión xestora