Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA de notificación do acordo de incoación do expediente sancionador 57.4/1998, por presunta infracción da lexislación de costas, de nomeamento de instructor e secretario deste, e de adopción de medidas provisionais; así como do prego de cargos formulado polo instructor.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I o acordo da delegación da consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), e do seu regulamento (en adiante R.C.); nomeándose instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ambos funcionarios do Servicio Provincial de Costas desta delegación provincial, e adóptanse as medidas provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e do secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas, aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en diante R.C.).

De acordo co establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non presentar alegacións dentro do prazo sinalado, o acordo de incoación, en relación co prego de cargos formulado polo instructor, considerarase proposta de resolución.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO I

Expediente número: 57.4/98.

Denunciada: Gloria Sampedro Reiriz.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: A Illa de Ons, casa nº 23, 36390 Bueu.

Data do acordo: 26-11-1998.

Feitos: pechamento dunha terraza existente.

Lugar: A Illa de Ons.

Concello: Bueu.

Circuntancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da L.C. e Arts. 45.1º a), 46.1º e 48.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: Art. 90 c) da L.C. e Art. 174 c) do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: Arts. 91.2º e) e 97.1º da L.C. e Arts. 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.