Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de xaneiro de 1999, do Xurado Provincial de Monte Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Montecelo e Castrosenín, pertencentes á parroquia de Mourente do concello de Pontevedra.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 4 de xuño de 1997, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Mourente.

Nome do monte: Castrosenín.

Cabida: 17,35 ha., coas seguintes parcelas incluídas dentro daquel coa seguinte ocupación:

Centro tutelar de menores: 3,3 ha.

Superficie forestal: 14,05 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Sur: antena de radio e máis do mesmo monte xa declarado a favor da comunidade.

Leste: predios particulares e parroquia de Bora.

Oeste: predios particulares.

Nome do monte: Montecelo.

Cabida: 20,47 ha., coas seguintes parcelas incluídas dentro daquel coa seguinte ocupación:

Hospital Montecelo: 3,97 ha.

Residencia Príncipe Felipe: 13,65 ha.

Superficie forestal: 2,85 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Sur: predios particulares.

Leste: predios particulares.

Oeste: predios particulares.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do xurado e delegado provincial

de Pontevedra