Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.
Enderezo social: r/ Mancebo, nº 6, 15000 Pontedeume.
Denominación: L.M.T.ó C.T Pila da Leña.
Situación: Monfero.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV en conductor PS-50 de 1.588 m de lonxitude que parte da L.M.T pazos travesas e final no C.T Pila da Leña. Concello de Monfero.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 18 de xaneiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña