Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/188-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Progo, Santa Baia, Pousa.

Situación: Riós.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) de 925 metros de lonxitude, con orixe na C-1000 (entroncamento actual desde a L.M.T. Riós-Vilardevós) e remate no C.T. proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Progo. (2ª) de 598 metros, con orixe en apoio nº 5 da L.M.T. a Progo e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Santa Baia. (3ª) de 1.437 metros, con orixe en poste metálico C-3000/18 de derivación a Pousada e remate no C.T. proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Pousada. 3 R.B.T. aéreas de 1.288, 746 e 1.445 metros res

pectivamente con orixe nos anteriores CC.TT. en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Ourense, 18 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense