Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, a utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T., de Cima e Soutelo de Ribeira, nos concellos de Xinzo de Limia e Porqueira. (Expediente IN407A 98/145-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na rúa Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997, sen que se presentasen alegacións nin oposición á traza da liña na fase de información pública.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nesta non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966, resolvo:

1. Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 271 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio número 11 da L.M.T. proxectada Soutelo-Nocelo e remate no C.T. aéreo proxectado, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Cima de Ribeira; R.B.T. aérea do C.T. de Cima de Ribeira de 925 metros en conductor R.Z.

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 633 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio número 2 da L.M.T. proxectada Soutelo-Nocelo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Soutelo de Ribeira; R.B.T. aérea do C.T., de Soutelo de Ribeira de 460 metros en conductor R.Z.

-C.T. proxectado tipo intemperie de Nocelo con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V; R.B.T. do C.T. de Nocelo de 1.025 metros en conductos R.Z.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3. Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, se dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 10 de xullo de 1998, que se publicou no DOG do 27-8-1998, no BOP de Ourense do 22-8-1998 e no xornal diario La Región do 1-8-1998.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra dela poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e

Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 20 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense