Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 8 de febreiro, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Ángel Baltar, promovido por Monteviejo Inversiones Inmobiliarias, S.L.

O ámbito de actuación correspóndese co da unidade de xestión número 20 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, e a rúa Ánxel Baltar, que enlaza a avenida Rosalía de Castro (entre os números 148 e 154) coa avenida de Mestre Mateo (estrada de Santiago de Compostela a Noia).

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado