Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

EDICTO.

O Concello de Xermade (Lugo) anuncia concurso para contrata-lo servicio de axuda a domicilio.

Prazo de duración do contrato: 4 anos prorrogables ata un máximo de 15.

Tipo que serve de base á licitación: 3.150.000 ptas, anuais, IVE incluído.

Prazo e horas en que poderán presentarse proposicións na secretaría da corporación: de 9 a 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Fianzas esixidas:

Garantía provisional: 63.000 ptas.

Garantía definitiva: o 4 por 100 do importe da adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

As proposicións constarán de dous sobres pechados denominados A e B e en cada un farase consta-lo contido na forma que se indicará e o nome do licitador.

a) Sobre A, denominado proposición económica, axustarase ó modelo que se apunta ó final e presentarase pechado, podendo ser lacrado e precintado por petición do interesado e deberá te-la seguinte inscrición: proposición económica para o concurso concesional de xestión indirecta do servicio de axuda a domicilio.

Cada licitador unicamente poderá presentar unha soa proposición. Tampouco poderá subscribirse ningunha proposta de unión temporal con outros, se o fixo individualmente ou figuran en máis dunha unión temporal.

b) Sobre B, denominado documentos, expresará a inscrición de: documentos xerais para o concurso concesional de xestión indirecta do servicio público de axuda a domicilio e conterá a seguinte documentación:

1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario ou representación, se é o caso, do asinante da proposición, consistentes en:

-Documento nacional de identidade do licitador cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais por fotocopia compulsada ou escritura de constitución da sociedade mercantil, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica.

-Poder verificado na súa suficiencia polo secretario da Corporación, cando se actúe por representación.

-Xustificante acreditativo da constitución de garantía provisional.

-Declaración responsable do licitador outorgada ante notario, autoridade xudicial, administrativa ou organismo cualificado, na que se faga constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no artigo 20 da LCAP.

Modelo de proposición.

D/Dna..., veciño de..., con domicilio en..., en nome propio (ou en representación de...) informado do concurso convocado por procedemento aberto, para adxudica-la xestión indirecta do servicio de axuda a domicilio mediante concesión, comprométese a asumi-la dita concesión de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares, ofrecendo o prezo de... pesetas/hora, o que supón unha minoración de... sobre o prezo máximo por hora que se fixa en 875 pesetas.

A mesa de contratación, en acto público, celebrado o quinto día hábil seguinte ó que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas, procederá á apertura dos sobres A e B, dará lectura ás proposicións presentadas e elevaraas coa acta e a proposta que considere pertinente á Comisión de Goberno, que deberá efectua-la adxudicación.

Os pregos de condicións atópanse á disposición dos futuros propoñentes na secretaría municipal.

O telefóno de información e o 982 50 10 01.

Xermade, 23 de xaneiro de 1999.

Manuel González Fernández

Alcalde