Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 11 de xaneiro, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do polígono B do plan parcial do SUNP-6 (San Lázaro) e os proxectos de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación, presentados por Promociones Manusán S.L e outros propietarios afectados.

O ámbito da actuación correspóndese co do polígono B do Plan parcial do SUNP-6, que é o comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: estrada N-547 de Santiago a Lugo (rúa de San Lázaro), no tramo situado entre o acceso ó Estadio Multiusos (rúa de Clemente Fernández Sarela) e o acceso ó Palacio de Congresos (rúa de Miguel Ferro Caaveiro).

Sur: bulevar do Estadio Multiusos (rúa de Fernando Casas Novoa).

Leste: rúa de Miguel Ferro Caaveiro, nunha parte, e terreos do polígono A do Plan parcial, de uso comercial-oficinas, noutra.

Oeste: parcelas do polígono A, destinadas a vivenda unifamiliar, que dan fronte á rúa de Clemente Fernández Sarela.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 121 e 133.4º, en relación co 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Así mesmo, durante o citado prazo os propietarios de terreos afectados poderán solicitala súa incorporación, se así o desexan, á Xunta de Compensación.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado