Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

ANUNCIO.

En virtude do acordado pola Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 3 de novembro de 1998, e resolución da alcaldía do día de hoxe, convócase segunda poxa pública para a venda da madeira que a continuación se indica, procedente de incendios forestais no monte patrimonial de propios deste concello que tamén se expresa:

Monte Reloeira e Lantemil nº 35-A de U.P.

-Lote nº 1: 4.584 pés de piñeiro pinaster con 1.274 m de madeira en pé. Prezo de taxación: 3.822.000 pesetas. Prezo índice: 4.777.500 pesetas.

-Lote nº 2: 1.524 pés de piñeiro pinaster con 343 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 1.332.000 pesetas. Prezo índice: 1.665.000 pesetas.

-Lote nº 3: 27.116 pés de piñeiro pinaster con 2.592 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 3.110.400 pesetas. Prezo índice: 3.888.000 pesetas.

-Lote nº 4: 19.211 pés de piñeiro pinaster con 2.407 m de madeira en pé. Prezo base de taxa

ción: 3.129.100 pesetas. Prezo índice: 3.911.375 pesetas.

-Lote nº 5: 8.395 pés de piñeiro pinaster con 2.031 m de madeira en pé. Prezo base de taxación: 6.499.200 pesetas. Prezo índice: 8.124.000 pesetas.

O contrato terá unha duración que vai desde a data de notificación da adxudicación definitiva ata a cancelación da fianza.

O importe do remate será ingresado no prazo de vinte días, despois de ser notificada a aprobación definitiva da poxa.

A fianza provisoria para intervir na poxa é do 5 por 100 do prezo de taxación e a definitiva do 6 por 100 do prezo de adxudicación.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado, que poderá lacrarse e precintarse dentro do prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

A abertura de plicas celebrarase na Casa do Concello de Entrimo (Ourense) ás doce horas do día hábil seguinte ó do prazo sinalado para a súa presentación.

Modelo de proposición:

-D./Dª..., maior de idade, profesión..., veciño/a de..., con domicilio en..., con DNI nº... expedido en... con data... que está ó día nas súas obrigas tributarias e fiscais, informado das condicións técnicas e administrativas que rexerán na poxa anunciada polo Concello de Entrimo no BOP de Ourense nº... do... e no DOG nº... do..., ofrece a cantidade de... pesetas polo lote de madeira...

-Declara baixo a súa responsabilidade non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade para contratar.

-Xunta documento xustificativo de constituí-la fianza provisional para intervir na poxa.

(Lugar, data e sinatura).

Entrimo, 12 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado