Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concursos públicos para a contratación dos expedientes 6, 7, 8, 9 e 10/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca os seguintes concursos públicos:

-Expediente número: 6/1999.

Obxecto: lencería e vestiario.

División en lotes:

1. Almofadas.

2. Batas cirúrxicas.

3. Camisolas neno.

4. Camisóns señora botóns.

5. Camisóns señora fitas.

6. Colchas cama.

7. Empapadores tea.

8. Fundas almofada.

9. Fundas colchón.

10. Mantas cama.

11. Panos cirúrxicos.

12. Pixamas doente.

13. Pixamas cirúrxicos.

14. Sabas padiola Urxencias.

15. Sabas entremetidas.

16. Sabas cirúrxicas sen fiestra.

17. Sabas cirúrxicas con fiestra.

18. Sabas universais.

19. Toallas.

Importe de licitación: 6.782.230 pesetas (IVE incluído).

-Expediente número: 7/1999.

Obxecto: sondas pulsioxímetro.

División en lotes:

Lote 1:

Sonda pulsioxímetro nélcor pediátrica.

Sonda pulsioxímetro nélcor neonato.

Sonda pulsioxímetro nélcor infantil.

Lote 2:

Sonda bolboreta pulsioxímetro adulto.

Sonda bolboreta pulsioxímetro neonato.

Importe de licitación: 11.146.600 pesetas (IVE incluído).

-Expediente número: 8/1999.

Obxecto: filtros de sangue.

División en lotes:

1. Filtro transfusión.

2. Filtro leucocitos simple c/ equipo.

3. Filtro leucocitos dobre.

4. Filtro plaquetas.

Importe de licitación: 3.099.780 pesetas (IVE incluído).

-Expediente número: 9/1999.

Obxecto: suturas mecánicas e trocares.

División en lotes:

1. Suturas mecánicas cortadoras.

2. Suturas mecánicas lineais.

3. Suturas mecánicas circulares.

4. Suturas mecánicas pel.

5. Extractor grampas.

6. Aplicador clips.

7. Suturas mecánicas laparoscópicas.

8. Aplicador clips estructura tubácea.

9. Trocar desbotable laparoscopia.

Importe de licitación: 6.175.500 pesetas (IVE incluído).

-Expediente número: 10/1999.

Obxecto: fíos de sutura.

División en lotes:

1. Suturas Catgut S.

2. Suturas Catgut CR.

3. Suturas poliglactín.

4. Suturas seda.

5. Suturas nailon.

6. Mallas polipropileno.

Importe de licitación: 6.389.589 pesetas (IVE incluído).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: as arriba indicadas.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, Servicio de Subministracións.

d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importes totais: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre. (Ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cada un dos expedientes).

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira, e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, ésta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen na folla de especificacións e documentos anexos do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios.

Ferrol, 2 de febreiro de 1999.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa

Santos de Ferrol