A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca os seguintes concursos de subministracións:
Expediente: CP 4/1999.
Obxecto: adquisición de marcapasos e complementos.
Número CPA: CPV: 33101800.
Cantidade: marcapasos: 117 unidades. Electrodos: 126 unidades. Introductores: 130 unidades.
Importe total: 70.456.000 pesetas (IVE incluído).
Variantes: admítense.
Expediente: CP 5/1999.
Obxecto: adquisición de próteses traumatoloxía e complementos.
Número CPA: CPV: 33101790.
Cantidade: próteses: 226 unidades (138 de cadeira y 88 de xeonllo). Cemento: 120 unidades.
Importe total: 107.929.543 pesetas (IVE incluído).
Variantes: non se admiten.
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Pro
fesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, E-15405 Ferrol (A Coruña).
2. a) Modalidade de adxudicación: concurso plurianual, procedemento aberto e anticipado.
3. a) Lugar de entrega: véxase o punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de Administración.
b) Obxecto do contrato, número CPA: CPV: as arriba indicadas para cada expediente.
c) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado. (Véxase o anexo estructura da subministración da folla de especificacións do prego-tipo).
4. Prazo de entrega: segundo se indica na folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
5. a) Solicitude da documentación: véxase o punto 1. Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación Administrativa. Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.
b) Data límite de solicitude: 22 de marzo de 1999.
6. a) Data límite de recepción das proposicións: ás 14 horas do día 29 de marzo de 1999.
b) Enderezo: véxase o punto 1, rexistro xeral.
c) Idiomas: español e galego.
7. a) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.
b) Data, hora e lugar: a apertura farase no lugar sinalado no punto 1, na sala de xuntas, ás 10 horas do día 9 de abril de 1999.
8. Fianzas e garantías.
Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación ou de cada lote, segundo se indica na folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
9. Modalidades de financiamento e pagamento: por cada remesa do material e sucesivas.
10. Forma xurídica da agrupación: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
11. Condicións mínimas: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo de validez da proposición: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
13. Criterios da adxudicación: os que se establecen no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Variantes: véxase o arriba indicado para cada expediente.
15. Información adicional: véxase o punto 1.
16. Data de publicación do anuncio de información previa: non se publicou.
17. Data de envío do anuncio: 4 de febreiro de 1999.
18. Data de recepción do anuncio:
Ferrol, 26 de xaneiro de 1999.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario
Arquitecto Marcide-Profesor
Novoa Santos de Ferrol