Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999 pola que se modifican as bases e se amplía o prazo de presentación de proposicións no concurso público aberto para a contratación dunha consultoría e asistencia para a realización do traballo de campo e gravación da enquisa sobre condicións de vida das familias.

O pasado 9 de febreiro de 1999 publicouse no DOG a Resolución do 1 de febreiro de 1999, do director xeral do IGE, pola que se anunciaba a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a realización dos traballos de campo e gravación da enquisa sobre condicións de vida das familias.

Ata o día de hoxe non se ten constancia da presentación de licitadores en relación ó dito concurso. Tendo en conta a redacción dada ó artigo 25.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, polo artigo 77 da Lei 66/1997,

do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social,

RESOLVO:

1. Déixase sen efecto o requisito referido ó concurso de que se trata establecido na base 7.a) da Resolución do 1 de febreiro de 1999, de xeito que non se esixe clasificación para concorrer á licitación.

2. Amplíase o prazo de presentación de ofertas correspondente ó concurso de que se trata, que rematará ós 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística