Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Serra do Cando. (Expediente IN661A 97/1-4).

Examinado o expediente instruído por instancia do Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (Gamesa), con domicilio para efectos de notificación na Avda. Cruceiro da Coruña 201, A, CP 15705, Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Serra do Cando, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 15 de setembro de 1997, Ahmed Moussa Bakri, en nome e representación de Gamesa, solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Serra do Cando de 24,42 MW, e achega a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidraulicas, de coxeración e outras abastecidas polos recursos ou fontes de enerxía renovable e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A solicitude de Gamesa, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra do 17 de abril de 1998, para os efectos previstos nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional. A citada resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia, do 29 de abril de 1998, no Boletín Oficial del Estado, do 11 de maio de 1998, no BOP de Pontevedra do 11 de maio de 1998 e no Faro de Vigo, do 7 de maio de 1998 e notificada, ademais, por correo certificado con xustificante de recepción a cada un dos propietarios afectados.

Durante o prazo de información pública presentou alegacións Belén Raposo Pérez, en representación da Comunidade de Montes de Covelo expoñendo en síntese, que o monte de Covelo é afectado por 23 aeroxeradores e non por 16, segundo consta na noti

ficación recibida e solicitando a rectificación oportuna.

Terceiro.-O 20 de outubro de 1998, a Dirección Xeral de Industira resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, que ten as seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

Nome: Serra do Cando.

Municipios: Forcarei, Cotobade, A Lama.

Vértices:

XY

0.548.000 4.698.000

0.548.500 4.702.000

0.549.000 4.704.000

0.552.000 4.703.000

0.552.000 4.701.000

0.549.000 4.698.000

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Potencia total instalada: 24,42 MW.

Altura das torres: 55 m.

Diámetro das pas: 47 m.

Producción estimada: 74.927 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.230.68l.858 ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, aplicable a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto da documentación que figura no expediente, queda de manifesto que o promotor deberá emendar calquera erro existente na relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico de Serra do Cando coas características que se definen nesta resolución, para os efectos establecidos no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Contra a presente resolución, que pon fín á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses a contados desde a súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio