Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/360-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a

urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Título: L.M.T. a C.T. Don Atún.

Situación: Meaño.

Características técnicas: L.M.T. aéreo subterráneo, a 20 kV, de 495 m de lonxitude ó tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. Amoeiro rematando no paso aéreo subterráneo, e 15 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 8 da L.M.T. a C.T. Don Atún, rematando na L.M.T. subterránea existente ó C.T. Don Atún. Concello de Meaño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 98/360. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. Don Atún.Termo municipal: Meaño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1TelleiraLabradíoAmador Salgueiro RialOs Seixiños-Dena, 69, 36967 Meaño24250

5TelleiraPradoJosé Siñeiro RodríguezEstr. Xeral-Dena, 19, 36967 Meaño22831120

6TelleiraMonte baixoJosé Touriño CamiñaEstr. Xeral-Dena, 49, 36967 Meaño73402

7SeixiñosLabradíoManuel Vázquez CarneiroOs Seixiños-Dena, 64, 36967 Meaño33330

8Pedras NegrasLabradíoÁngel Varela RocesEdif. Salvador Esc. B

San Pedro e San Pablo, 3º-2 43007 Tarragona

1176

9Pedras NegrasLabradíoAlicia Maya PérezOs Seixiños-Dena s/n, 36967 Meaño18192

11Pedras NegrasLabradíoDolores Méndez SeijasMorouzos-Dena, 27, 36967 Meaño61660

12Pedras NegrasLabradíoElisa Portela MéndezCoirón-Dena, 17 36967 Meaño13125

13Pedras NegrasLabradíoManuel Álvarez CasalIgrexa-Dena, 56, 36967 Meaño7179395

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

14SeixiñosLabradíoTeodoro Padín GonzálezOs Seixiños-Dena, 62, 36967 Meaño20100

15SeixiñosLabradíoHdos. Secundino Albor CostalOs Seixiños-Dena, 59, 36967 Meaño783126655