Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.020

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de mobles da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector do comercio de mobles da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-12-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Comercio de Muebles, e, da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 18-11-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de xaneiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as empresas de comercio de mobles da Coruña 1998-2000

Artigo 1º

O presente convenio é de obrigada aplicación para tódalas empresas e traballadores da provincia da Coruña, dedicadas ó comercio de mobles. Exceptúanse aquelas empresas que teñan convenio propio, sempre que as súas condicións, no seu conxunto, sexan superiores ás aquí pactadas.

Artigo 2º.-Vixencia.

O convenio páctase por dous anos, desde o 1 de febreiro de 1998 ata o 31 de xaneiro do 2000.

Artigo 3º.-Cláusula de garantía.

O incremento salarial do primeiro ano de vixencia deste convenio será do 2,75%, e o do segundo ano do 2,5%. Se o IPC real ó remate da vixencia deste convenio resultase superior ó aquí pactado, actualizaranse os salarios ata o dito límite só para efectos de fixa-la base de negociación para o futuro convenio.

Artigo 4º.-Denuncia.

O convenio prorrogarase nos seus mesmos termos por períodos anuais, se ningunha das partes o denuncia con tres meses de antelación á data de expiración do seu período de vixencia.

A denuncia deberá comunicárselle á outra parte por escrito e, se é o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 5º.-Respecto de dereitos, compensación e absorción.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais acdtualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación.

Tódalas melloras contidas neste convenio consideradas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións actualmente implantadas nas distintas empresas, que impliquen situacións máis beneficiosas cás convidas, serán respectadas e non suprimidas.

Artigo 6º.-Condicións económicas.

As condicións retributivas do persoal afectado polo presente convenio serán, durante o primeiro ano de vixencia, as que conteñen as táboas salariais que se unen como anexo, que son o resultante dun incremento do 2,75% sobre os salarios revisados en 1997.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Os cuadrienios previstos no artigo 38 da ordenanza laboral do comercio consistirán na percepción do 5% do salario base por cada cuadrienio, con respecto a cada categoría.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias, que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 15 de xullo e 22 de decembro e dentro do primeiro trimestre do ano, a correspondente ó mes de marzo.

As tres pagas aboaranse cunha mensualidade do salario base e antigüidade que figuran na táboa anexa deste convenio.

Artigo 9º.-Incapacidade laboral transitoria.

O persoal abranguido no réxime de asistencia á Seguridade Social, ademais dos beneficios outorgados por ela, terá dereito en caso de enfermidade ou accidente debidamente acreditado, a que a empresa lle complete as prestacións obrigatorias, desde o primeiro día da súa percepción, ata o importe íntegro das súas retribucións, cun tempo máximo de 12 meses.

Artigo 10º.-Premio de xubilación.

O premio establecido por xubilación para aqueles traballadores con máis de vinte anos de permanencia na empresa, quedará fixado en dúas mensualidades de salario base e antigüidade para os afectados por este convenio.

Artigo 11º.-Incentivo á xubilación anticipada.

O traballador que, por proposta da empresa e de acordo ámbalas partes, se xubile voluntariamente con anterioridade a cumpri-los 65 anos, terá dereito a percibir por parte da empresa unha cantidade periódica que, sumada á prestación por xubilación, sexa igual ó 100% da base reguladora establecida polo INSS para o cálculo da pensión ata cumprir 65 anos.

Percibirá ademais no momento de xubilarse un premio equivalente á doceava parte do salario anual.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para tódolos traballadores cunha cotización que lles permita xubilarse co 100% da base reguladora.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, que supón un cómputo anual de 1.818 horas, agás que por norma de categoría superior se cambie a dita xornada ou cómputo anual.

Artigo 13º

Ademais dos días sinalados no Art. 37 do Estatuto dos traballadores, os traballadores afectados por este convenio terán dereito a dous días por asuntos propios que poderán ser acumulados ás vacacións, logo de acordo coa empresa.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores desfrutarán dun período de trinta días naturais de vacacións preferentemente no verán. Poderanse establecer quendas rotatorias para a elección do período de vacacións, comezando polo traballador de máis antigüidade.

Artigo 15º.-Desprazamentos.

Os traballadores que por necesidade da súa función, teñan que desprazarse e efectuar fóra do seu domicilio algunha comida ou ben pasa-la noite, terán dereito a que a empresa lles aboe os gastos correspondentes, logo de presenta-lo xustificante daqueles.

Artigo 16º.-Quebranto de moeda.

Os cobradores percibirán por este concepto a cantidade de 4.442 pesetas mensuais.

Artigo 17º.-Garantías sindicais.

As empresas respectarán o dereito dos traballadores a sindicarse libremente.

Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal da empresa.

Por requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato con incidencia superior ó 15% do cadro de persoal do centro de traballo, as empresas descontarán da nómina do persoal o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitirá un escrito á empresa no que expresará a orde de desconto, a central á que pertence, a contía da cota, así como o número de conta corrente á que debe ser transferida a cantidade. Isto na empresa que conte con máis de trinta traballadores.

As empresas efectuarán as anteditas detraccións agás indicación en contra, durante períodos dun ano.

Os representantes dos traballadores elixidos conforme a normativa vixente dispoñerán dun crédito de horas para o desenvolvemento da súa actividade sindical.

As horas retribuídas dos membros do comité de empresa de empresas de máis de trinta traballadores poderán acumularse para seren desfrutadas por un ou varios de entre eles, sen excede-lo número total de horas e logo de acordo entre os interesados, notificando á dirección da empresa, con oito días de antelación ó comezo do mes de que se trate, e non supoña alteración grave do réxime laboral dela.

Artigo 18º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión integrada por dous representantes dos empresarios e dous dos traballadores, para a interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do convenio entre as centrais UGT e CC.OO. e a Asociación de Empresas do Comercio do Moble.

-Parte empresarial:

Miguel Agromayor Vázquez.

Fernando Fernández Fernández.

José Fernández Bonome.

-Parte social:

José Ramón Grela Castro (CC.OO.).

Nieves Montes Patiño (UGT).

Lois Soto Sabio (CIG).

Artigo 19º.-Seguro de accidente.

As empresas subscribirán un seguro de accidentes que cubra os seguintes riscos durante as 24 horas do día:

a) Morte por accidente.

b) Invalidez absoluta e total por accidente.

O capital asegurado será de 1.000.000 de pesetas en ámbolos casos.

As empresas que contratasen o seguro correspondente cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí recollidos.

Artigo 20º.-Cláusula de desvinculación.

As empresas que tivesen perdas durante os exercicios de 1996 e 1997 e as previsións para 1998 e 1999 fosen similares, poderán prescindir da aplicación dos salarios pactados neste convenio.

No prazo de dous meses desde a publicación deste convenio, as empresas que pretendan acollerse a esta cláusula deberán presenta-la solicitude á comisión mixta do convenio ante a que deberá acreditar, no caso de sociedades e empresas obrigadas pola normativa fiscal a leva-la contabilidade, as contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil e as declaracións correspondentes presentadas ante a Axencia Tributaria. As demais empresas deberán acreditalo mediante a documentación que acredite suficientemente a súa situación a xuízo da comisión.

Poderase solicita-la presencia dos representantes dos traballadores, así como da documentación aclaratoria que se considere necesaria.

De non existir acordo no seo da comisión mixta, as partes acordan o sometemento á arbitraxe do AGA.

As empresas acollidas a esta cláusula, de acordo cos traballadores, poderán aplicar incrementos salariais menores ós aquí pactados ou, mesmo, non incrementa-los salarios durante a vixencia do convenio.

Tódolos membros da comisión, así como os seus asesores, están obrigados a manter na maior reserva a información recibida, observando o maior sixilo profesional.

Artigo 21º.-Contratación temporal.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito.

Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato cós demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións que se derivan da natureza e duración do seu contrato.

O contrato previsto no artigo 15.1º b) do ET terá unha duración máxima de trece meses dentro dun período de dezaoito meses.

Artigo 22º.-Contratación indefinida.

As empresas obríganse a ter unha porcentaxe de emprego fixo respecto do cadro de persoal total de, polo menos, un 50%.

Por petición da representación legal dos traballadores, as empresas entregaranlle por escrito á dita representación, semestralmente, a relación de traballadores coa modalidade de contrato que ten cada un deles. A comisión paritaria poderá requirir das empresas a mesma información.

Así mesmo, de acordo co establecido na letra b) do número 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, ámbalas partes coinciden en que, durante toda a vixencia deste convenio, será posible a conversión de tódolos contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio, no contrato para o fomento da contratación indefinida regulado pola dita disposición.

Artigo 23º

En caso de que non se cumpra o establecido no artigo 22, as empresas ateranse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Convenio colectivo para empresas do sector do comercio de mobles da provincia da Coruña 1998

CategoríaMensualCómputo anual

Grupo I

Persoal técnico titulado

Titulado de grao superior123.2771.849.155
Titulado de grao medio115.0761.726.140
Axudante técnico sanitario98.6441.479.660

Grupo II

Persoal mercantil non titulado

Director149.3382.240.070
Xefe de persoal123.2771.849.155
Xefe de compras123.2771.849.155
Xefe de vendas123.2771.849.155
Encargado xeral123.2771.849.155
Encargado establecemento115.0761.726.140

Persoal mercantil propiamente dito
Dependente de 25 anos en adiante94.9451.424.175
Corredor de praza95.8261.437.390
Aprendiz de primeiro ano64.298964.470
Aprendiz de segundo ano66.9961.004.940

CategoríaMensualCómputo anual

Aprendiz de terceiro ano71.9691.079.535
Traballadores de menos de 18 anos

(Primeiro ano)

66.9961.004.940
Traballadores de menos de 18 anos

(Segundo ano)

71.9691.079.535

Grupo III

Persoal administrativo

Contable115.0761.726.140
Oficial administrativo97.6571.464.855
Auxiliar administrativo88.3401.325.100

Grupo IV

Persoal de servicios e

actividades auxiliares

Dibuxante115.0761.726.140
Escaparatista98.2541.473.810
Delineante93.5931.403.895
Persoal de oficio de primeira93.4471.401.705
Persoal de oficio de segunda90.4411.356.615
Axudante88.3391.325.085
Mozo especializado88.3391.325.085
Mozo87.9671.319.505
Chofer

(equiparado a Ofic. segunda)

88.6301.329.450

Grupo V

Persoal subalterno

Cobrador94.9451.424.175
Vixilante, sereno, ordenanza,

porteiro e persoal limpeza

81.3471.220.205