De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13 de febreiro de 1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructor do procedemento a Javier Ruíz de Almirón Schlung, funcionario desta delegación; poderá ser recusado en calquera momento de expediente de concorreren os supostos legais.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 do agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
ANEXO
-Expediente: nº IF 255/98.
Denunciado: Madera Basanta, S.L. (DNI 27.014.141-B).
Último enderezo coñecido: Eixo Garai, nº 27, Cervo-Burela, Lugo.
Feitos imputados: abandonar un vehículo no monte, marca Ford-Canada, matrícula LU-6942-C; está prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.
Precepto sancionador: artigo 136.j), 137.e) Regulamento de incendios.
Cualificación: grave.
Sanción: 50.000 ptas.
Lugo, 22 de xaneiro de 1999.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo