Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico de Pacios e Quiroga, situado no termo municipal de Folgoso do Courel (Lugo), promovido por Héctor García Rodríguez.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos

ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico de Pacios e Quiroga, situado no termo municipal de Folgoso do Courel (Lugo).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

-Concello de Folgoso do Courel.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contando a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental