Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 380/1998.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoo de que no prazo dun (1) mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia pode interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro).

Expediente nº 380/98.

Acta nº 119/98 (II).

Titular: Fomento Inmobiliario de Viviendas Sociales, S.A.

NIF/DNI: A-28.492.171.

Enderezo: Pol. Adormideras, Edif. Mariña de S. Amaro, A Coruña.

Materia: S.H.

Data Res.: 1-10-1998.

Sanción: 0 ptas.

ACoruña, 20 de xaneiro de 1999.

P. S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Delegación Provincial

da Coruña