Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoo de que no prazo dun (1) mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia pode interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.
Expediente nº 381/98.
Acta nº 184/98.
Titular: Construcciones Miguel y Óscar, S.L.
NIF/DNI: B-15.411.887.
Enderezo: Ronda de Outeiro, 112, 1º B, A Coruña.
Materia: S.H.
Data Res.: 21-9-1998.
Sanción: 500.000 ptas.
ACoruña, 20 de xaneiro de 1999.
P. S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)
María Silva Costoya
Secretaria provincial da Delegación Provincial
da Coruña