Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 493 e 561/1998.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; transcorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que coiden oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº 493/98.

Acta Inf. nº 1053/98.

Empresa: Buy Cheaper, S.L.

NIF/DNI: B-15.591.076.

Enderezo: Mª Luisa Durán Marquina, 8-baixo, A Coruña.

Materia: obstrucción.

Documentos que constan no expediente:

Acta de infracción.

Xustificante de recepción.

Proposta de sanción: 100.000 ptas.

Expediente nº 561/98.

Acta Inf. nº 575/98.

Empresa: Manuel García Quintela.

NIF/DNI: 02.454.146.

Enderezo: r/ Colombia, nº 7-1º Dta. A Coruña.

Materia: traballo.

Documentos que constan no expediente:

Acta de infracción.

Publicación no BOE do 15-10-1998 e publicación no taboleiro de edictos do Concello da Coruña do 8-10-1998 ó 26-10-1998.

Proposta de sanción: 100.000 ptas.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Delegación Provincial

da Coruña