Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 4 de novembro de 1998 pola que se procede á regularización da situación administrativa da batea Barros I.

Visto o expediente promovido por Juan Barros Cuervo con DNI 35.441.045, titular do viveiro denominado Barros I con autorización provisional de fondeo na cuadrícula nº 94 do polígono Vilagarcía F, outorgada pola Comandancia de Mariña con data do 30-4-1980.

Considerando que a comisión de revisión e reordenación de polígonos de viveiros flotantes da provincia marítima de Vilagarcía, na reunión celebrada con data do 9-10-1986 propón que se outorgue concesión administrativa ás autorizacións provisionais fondeadas e que se encontren en explotación.

Considerando que a citada batea figura incluída na folla nº 18 do acordo de reordenación do distrito marítimo de Vilagarcía, feitas públicas no Diario Oficial de Galicia nº 55 do 18-3-1996.

Tendo en conta o disposto na circular 7/92, do 27-6-1972, da Dirección Xeral de Pesca Marítima, no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais lexislación aplicable.

Esta consellería, facendo uso das competencias e facultades que ten conferidas, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, e logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico

RESOLVE:

Regulariza-la situación administrativa para a explotación do viveiro Barros I, cuadrícula nº 47 do polígono Vilagarcía B, pertencente ó distrito marítimo de Vilagarcía.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: a concesión outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados desde a data da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, prorrogables por períodos sucesivos de dez anos, ata un máximo de dúas prórrogas.

Segunda: as características do viveiro serán as seguintes:

Nome da batea: Barros I.

Titular da concesión: Juan Barros Cuervo.

Situación: cuadrícula nº 47, polígono Vilagarcía B.

Características do artefacto:

Plataforma: 20 m.x20 m.

Flotadores: 3,5 m.x2,2, m.

Características cultivo:

Especie: ostra (Ostrea edulis).

Cultivo en cordas:

Cordas:

Nº máximo: 3.000.

Densidade máxima: 6 cordas/m útil.

Lonxitude máxima: 7 m.

Terceira: a concesión extinguirase polas causas previstas no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, no artigo 14 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, ou polo incumprimento dalgunha das condicións recollidas na presente resolución.

Cuarta: de acordo co disposto no artigo 24 do citado Decreto 406/1996, o viveiro estará debidamente identificado mediante unha placa, de acordo co modelo aprobado para o efecto pola orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de 28-1-1998 (DOG nº 30).

Quinta: ó establecemento seranlle de aplicación o disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, Decreto 406/1996, do 7 de novembro e demais lexislación concordante.

Sexta: o concesionario xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto a tal imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos nos artigos 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1998.

P.D. (17-12-1997, DOG nº 246 do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura