Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupacion de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 177/96).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 704 m de lonxitude, desde a liña Ponte Carreira-Lanzá, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Alemperte, do termo municipal de Frades (expediente nº 177/96), por Decreto 310/1998, de 6 de novembro, da Consellería de Industria e Comercio a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta delegación acorda sinalar o día 24 de febreiro de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Frades, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal El Correo Gallego, todos eles de data 7-4-1998; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos o predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destos, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña