Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/258-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Enderezo social: Avda. Ponte, 15, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Regalade-Cortegadela.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, de 396 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. Silleda-Oleiros, rematando no C.T. que se proxecta en Regalade-Cortegadela, concello de Silleda. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 3.310 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra