Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/270-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. no Pazo.

Situación: Mondariz Balneario.

Descricións técnicas: L.M.T. aero-subterránea, a 20 kV, de 746 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, e 225 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor de 95 mm, desde o C.T. do Escobeiro ata o C.T. que se proxecta no Pazo, Concello de Mondariz Balneario. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra