Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/333-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L..

Enderezo social: Avda de José Antonio, 21,36830 La Lama.

Denominación: L.M.T. e C.T. A Graña.

Situación: Cotobade.

Descricións técnicas: L.M.T, aérea, a 20 kV, de 1.800 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o apoio 13/630 da L.M.T Borela-Senra ata o C.T que se proxecta na Graña, concello de Cotobade.C.T de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-400V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra